O grupo operativo GOSSGE celebra en Santiago de Compostela a súa terceira reunión técnica
O Grupo Operativo Supra-Autonómico de Sanidade sobre Gonipterus en eucalipto (GOSSGE) celebrou o 15 de outubro en Santiago de Compostela, na sede da Asociación Forestal de Galicia (AFG), a súa terceira reunión técnica na que aprobou o Plan GOSSGE2 de outono 2019 e a programación dos cursos de formación e actividades de comunicación e divulgación a propietarios forestais.
Na reunión avaliáronse os resultados dos tratamentos contra o gurgullo en primavera. Presentáronse os resultados das prospeccións da Xunta de Galicia, da Dirección Xeral de Medio Natural (DGMN) de Cantabria. Así como as prospeccións adicionais dos propietarios forestais privados (COSE, PROFOAS e ASFORCAN). Tamén se avaliou a ferramenta de prospección co uso de drons (CETEMAS).
Para a segunda liña de actuación, relativa ás técnicas de control biolóxico, a Xunta de Galicia realizou a colocación de 9.530 bolsas de ootecas de Anaphes nitens e un potencial reforzo para a campaña de outono. ADRA colocou en 2.460 hectáreas novos dispositivos biodegradables que substitúen á clásica bolsa de ootecas como tratamento.
ASPAPEL recompilou as actuacións na campaña de outono en cada unha das líñas: prospección, mellora da ferramenta VANT, deseño da comparabilidade de resultados de prospeccións aéreas e terrestres. Así como as que se derivarán da optimización da bioprodución, e outras actuacións enmarcadas no proxecto.
No apartado de comunicación e divulgación revisarase o primeiro borrador do manual de control biolóxico por todos os membros do grupo operativo. Estableceuse un programa de actividades formativas que se desenvolverá en 2020 organizado por ENCE, ASEFOGA e COSE dirixido a técnicos e propietarios forestais privados nas tres comunidades autónomas.
O proxecto GOSSGE ten como obxectivo asegurar a sostibilidade das plantacións de eucalipto do norte de España, en grave perigo pola praga Gonipterus platensis, que supón unha perda anual de 1.075.431 m3 de madeira, una perda de fixación de CO2 de 251.800 toneladas de CO2 ao ano e perdas económicas por importe de 234.697.570 € anuais.
No proxecto participan:
ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón), COSE (Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España e dentro dela a Asociación Forestal de Galicia (AFG)), ASEFOGA (Asociación Sectorial Forestal Galega), CETEMAS (Centro Tecnológico y Forestal de la Madera), ENCE I+D, ADRA INGENIERÍA Y GESTIÓN DEL MEDIO SLP y GALCA SL como beneficiarios.
AGRÍCOLAS INGENIEROS PRAVIA CB, UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE MADRID (Escuela Técnica Superior de Ingeniería de Montes, Forestal y del Medio Natural – Departamento de Ingeniería y Gestión Forestal y Ambiental) e IeI (Información e Imagen, Análisis de Medios SL) como subcontratados.
XUNTA DE GALICIA (Consellería do Medio Rural – Dirección General de Ordenación Forestal), PRINCIPADO DE ASTURIAS (Consejería de Desarrollo Rural y Recursos Naturales – Dirección General de Desarrollo Rural y Agroalimentación), GOBIERNO DE CANTABRIA (Consejería de Medio Rural, Pesca y Alimentación – Dirección General del Medio Natural) como colaboradores.