A certificación forestal, é un proceso voluntario polo que unha terceira parte (independente á xestión forestal) certifica, a través dun proceso de auditoría, que a xestión dunha determinada superficie forestal se axusta aos requisitos establecidos na norma de certificación que corresponda. Na actualidade existen varios sistemas de certificación aínda que, en España, os dous máis representativos son o PEFC e o FSC.
O sistema de certificación forestal PEFC, na súa modalidade de grupo, baséase na certificación dunhas unidades de xestión nas que os seus propietarios ou xestores se comprometan, de forma activa e voluntaria, a cumprir as normas de xestión forestal sostible do sistema PEFC establecidas na Norma UNE de Gestión Forestal Sostenible.
Pola súa parte, o Forest Stewardship Council® (FSC®-C118460) desenvolveu 10 principios e 56 criterios que, no caso de ser cumpridos, garanten o nivel mínimo que se pode esixir para a xestión forestal en calquera lugar do mundo. Dado que este limiar se acadará de maneira distinta segundo as características particulares de cada país, o FSC promove o desenvolvemento de indicadores e, de xeito opcional, verificadores rexionais ou nacionais que permiten avaliar o cumprimento dos Principios e Criterios a escala local. O conxunto de Principios e Criterios internacionais máis os indicadores e Verificadores elaborados polo Grupo de Traballo español, compoñen os Estándares Españoles de Gestión Forestal para la Certificación FSC. O obxectivo da creación destes estándares é poder determinar cando a xestión dunha masa forestal poder ser cualificada como certificable, a efectos do sistema FSC, en España.
No ano 2010, a COMPAÑÍA GALEGA DE SILVICULTORES S.L. creou o Grupo SELGA, Xestión Forestal Sostible co fin de posibilitar a certificación forestal nas superficies que pertencían aos socios da Asociación Forestal de Galicia e aos membros da Mancomunidade de Produtores de Biomasa do Sur de Galicia.
Os principios nos que se asenta o Grupo son o de compromiso coa certificación forestal, tanto PEFC (seguindo o establecido na Norma UNE 162.002 de Xestión Forestal) como FSC (cumprindo co establecido nos Estándares Españoles de Gestión Forestal para la Certificación FSC e nos Principios e Criterios FSC tanto a corto, medio como longo prazo) co fin de promover o uso sostible dos produtos e servizos do monte. Ademais, asumiu o compromiso de non realizar actividades abertamente contrarias aos Principios e Criterios do FSC en outras áreas da nosa propiedade ou xestión que non estean dentro do ámbito do Grupo Selga Xestión Forestal Sostible.
Dende entón, o Grupo SELGA, Xestión Forestal Sostible leva desenvolvendo unha política de concienciación, formación, divulgación e seguimento dunha xestión planificada que sexa respectuosa cos valores ambientais e socioculturais que permitan un mantemento da mesma no curto, medio e longo prazo.
O Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible ten como obxectivos promover a xestión forestal sostible (e así garantir ás xeracións presentes e futuras o uso e goce dos nosos bosques), crear o protocolo de actuacións necesarios que permita a certificación dos propietarios galegos ofrecéndolle, polo tanto, a posibilidade de participar nos procesos de certificación de xeito que se minimicen os seus custos e así non ameazar a viabilidade económica das unidades de xestión forestal que se poidan adscribir ao proceso. Para iso, o propio proceso de certificación, ademais de procurar a conservación de todos e cada un dos valores que existan na superficie forestal xestionada seguindo es criterios establecidos nas normas de certificación PEFC e FSC, deberá converterse nunha fortaleza permitindo que acerque a madeira certificada ao consumidor final.
Para acadar os obxectivos expostos, a dirección da empresa proponse:
Para que quede constancia deste compromiso, extensible tanto ao curto como ao medio e longo prazo, faise pública esta política na web do grupo así como pode ser enviada ás persoas que o requirisen.
Con ese obxectivo, o Grupo conta coa páxina www.selga.es que funciona a modo de instrumento que mellore a xestión que desenvolven os membros do Grupo no seus montes. Para iso, no apartado da páxina reservado aos membros do Grupo (adscritos) pódense atopar o procedemento de control interno do grupo, manuais de silvicultura, material didáctico relacionado coa actividade forestal, modelos de contrato, etc. Ademais, e con eses mesmos obxectivos, establécese un procedemento para a presentación de comunicacións, reclamacións e queixas de xeito que terceiros (tanto partes afectadas como grupos de interese) poidan porse en comunicación coa Entidade de Grupo para transmitirlle observacións que poidan redundar nunha mellora da xestión a nivel de Grupo como a nivel das diferentes unidades de xestión que o conforman. Para iso, elaborouse un formulario normalizado (consulta a grupos de interese) para facer máis efectiva a comunicación aínda que pode utilizarse calquera medio que se estime oportuno.
O Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible foi creado no ano 2010. O seu primeiro certificado (PEFC) foi obtido o 7 de setembro dese ano sendo certificadas 7.002,90 hectáreas pertencentes a 15 montes diferentes, na súa maior parte veciñais.
No ano 2011 foi necesaria facer tamén unha auditoría de ampliación sobre unha superficie adicional de 3.162,44 hectáreas que, xunto coas ampliacións ordinarias realizadas, supuxo que a superficie certificada PEFC ascendese a 11.278,74 hectáreas a finais dese ano.
No ano 2013 o grupo obtivo o seu certificado FSC quedando certificadas 2.321,14 hectáreas. Todas elas formaban parte das 14.609,37 hectáreas certificadas PEFC.
A finais do ano 2017 o grupo contaba con 13.641,92 hectáreas certificadas en FSC e 21.308,52 hectáreas certificadas en PEFC.
O proceso de certificación iníciase coa presentación da solicitude de entrada no Grupo por parte da persoa que teña intención de incluír un ou varios montes en calquera dos certificados xestionados polo Grupo. Con posterioridade poderá solicitar a inclusión de calquera das parcelas forestais que xestiona.
O equipo técnico de SELGA analiza a información referente á xestión forestal. Ten que asegurarse da cantidade, forma e calidade da información proporcionada. Se os datos aportados polo propietario ou xestor forestal non son suficientes ou presentan evidencias de non conformidades, o equipo técnico de SELGA emitirá unha solicitude de ampliación da información recibida.
A aceptación ou inclusión de propietarios de montes ou xestores forestais faise efectiva no momento no que o Comité Técnico aproba a proposta presentada pola Secretaría Técnica, adxudicando un número de rexistro definitivo. A adscrición mantense efectiva de xeito indefinido, ata que non se produzan non conformidades maiores que non fosen solucionadas e que puidesen provocar a súa expulsión, ou ben ata que o adscrito solicite a súa baixa voluntaria (faise necesario lembrar que o proceso de certificación é voluntario polo que o propietario ou xestor pode solicitar a súa baixa cando queira, salvo que corresponda algún compromiso temporal dependendo da norma baixo a que se certifique).
Utilizamos tecnoloxías como cookies para mellorar o funcionamento da web e para recopilar estatísticas anónimas de uso. Al aceptar as cookies acepta voluntariamente o tratamento dos seus datos. Isto tamén inclúe, por un tempo limitado, o seu consentimento de acordo co artigo 49 (1) (a) GDPR para o procesamento de datos fóra do EEE, por exemplo, nos EE. UU. Nestes países, a pesar dunha coidadosa selección e obriga dos provedores de servizos, non se pode garantir o alto nivel europeo de protección de datos. Si os datos se transfieren aos EE. UU., existe, por exemplo, o risco das autoridades dos EE. UU. procesen estos datos con multas de control y supervisión sin que estén disponibles recursos legales efectivos o sin que puedan hacer valer todos los derechos del interesado. Pode revocar o seu consentimento en calquera momento.