O órgano soberano da AFG é a Asemblea Xeral formada por todos os membros da Asociación.
O órgano executivo é a Xunta de Goberno formada exclusivamente por propietarios forestais e representantes das xuntas reitoras dos montes veciñais. Os cargos elíxense cada catro anos entre os socios. A Xunta de Goberno está composta polo presidente, tres vicepresidentes: de montes particulares, de montes veciñais e de relacións institucionais, e cinco vogais, tres representan os montes particulares e dous os montes veciñais en man común.
Na actualidade Antonio Rigueiro Rodríguez é o presidente da AFG, ocupando Juan Ramón Gallástegui o cargo de vicepresidente de Relacións Institucionais e de secretario, Belén Mantiñán Edreira, vicepresidenta de Montes Particulares e José Luis Campos Represas, en representación da C.M.V.M.C. de Xinzo (Ponteareas), o de vicepresidente de Montes Veciñais. As vogalías de montes particulares ocúpanas Irene Díaz Martínez, José Manuel Queijas Pallas e Manuel Galdo Dopico, en representación de PROMAVI e as de montes veciñais José Manuel Suárez Gamallo, en representación da C.M.V.M.C. de Saiar (Caldas de Reis), Uxío González Pérez, en representación da C.M.V.M.C. de San Xurxo de Saiáns (Vigo) e Jesús Ángel Ferreño Naveira, en representación da C.M.V.M.C. de Castelo (Culleredo).
A Asemblea Xeral de socios reúnese unha vez ao ano nun lugar distinto de Galicia. Este acto constitúe un verdadeiro encontro dos silvicultores galegos que celebran un día en común analizando temas forestais e visitando montes e experiencias de interese.

Utilizamos tecnoloxías como cookies para mellorar o funcionamento da web e para recopilar estatísticas anónimas de uso. Al aceptar as cookies acepta voluntariamente o tratamento dos seus datos. Isto tamén inclúe, por un tempo limitado, o seu consentimento de acordo co artigo 49 (1) (a) GDPR para o procesamento de datos fóra do EEE, por exemplo, nos EE. UU. Nestes países, a pesar dunha coidadosa selección e obriga dos provedores de servizos, non se pode garantir o alto nivel europeo de protección de datos. Si os datos se transfieren aos EE. UU., existe, por exemplo, o risco das autoridades dos EE. UU. procesen estos datos con multas de control y supervisión sin que estén disponibles recursos legales efectivos o sin que puedan hacer valer todos los derechos del interesado. Pode revocar o seu consentimento en calquera momento.
