A Asociación Forestal de Galicia ten representación nas seguintes institucións:
Representación en Galicia
Consello Forestal de Galicia. A AFG forma parte desde a súa creación no ano 2005 neste órgano consultivo e asesor da Xunta de Galicia creado co obxecto de facilitar unha axeitada xestión sustentable dos montes galegos e fomentar o desenvolvemento económico, social e ambiental do sector forestal.
Mesa da Madeira. A AFG forma parte desde a súa creación no ano 2006.
Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal Rexional PEFC. A AFG forma parte desde a súa creación en 2004, o seu obxectivo é crear o sistema de certificación rexional PEFC e de elaborar os documentos necesarios para o seu desenvolvemento.
Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega (Devesa). A AFG forma parte desde a súa creación no ano 2008 desta plataforma cuxo obxectivo é o planeamento da estratexia referente á investigación desenvolvemento e innovación a través das actuación científico-tecnolóxicas a medio e longo prazo no sector forestal, establecendo unha serie de directrices para a súa consecución e elaborando unha axenda estratéxica de investigación que permita marcar as estratexias galegas e o posicionamento respecto ás estatais e europeas.
Comisión Forestal Galega. Agrupación das principais organizacións da cadea forestal de ámbito galego para conseguir melloras en diversos ámbitos: normativas, sistema estatístico forestal de Galicia, seguimento dos orzamentos do PDR, Plan Forestal de Galicia, etc.
Representación a escala nacional
Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (COSE). A AFG é membro fundador e ocupa unha vicepresidencia nesta organización.
PEFC-España, entidade que outorga o certificado de xestión forestal sostible. A AFG é membro fundador e ten representación no comité directivo.
Consello Nacional de Bosques, órgano consultivo en materia de política forestal do Ministerio de Medio Ambiente. A AFG ten representación a través de COSE.
FSC-España, entidade que outorga o certificado de xestión forestal sostible FSC. Participación na Cámara Económica.
Plataforma “Juntos por los Bosques”, agrupación das principais organizacións de ámbito nacional para conseguir melloras en diversos ámbitos: fiscalidade, sanidade forestal, silvicultura activa, etc. A AFG ten representación a través de COSE.
Representación a escala internacional
Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE), entidade que agrupa a organizacións rexionais de propietarios forestais do sur de Europa. A afg é membro fundador, membro do Consello de administración e detenta a presidencia da súa asemblea xeral.
Confederación Europea de Propietarios Forestais (CEPF), organización con sede en Bruxelas, que agrupa as asociacións nacionais de propietarios forestais dos países da UE. A AFG ten representación a través da COSE que ocupa unha vicepresidencia.
Comité Consultivo de Bosques e Cortiza da Unión Europea, órgano consultivo de política forestal da Comisión Europea. A AFG ocupa unha praza en representación da COSE.
Instituto Forestal Europeo (EFI), rede de centros de investigación forestal de carácter público e privado con sedes no sur de Europa. A AFG promoveu a súa constitución e participa a través da USSE nesta institución.
Conferencia Mundial do Bosque Privado, organismo de ámbito mundial que agrupa a organizacións de propietarios forestais de varios continentes. A AFG ten representación a través da USSE.
Esta web usa cookies para asegurarse de ofrecer a mellor experiencia de usuario. Por favor, preme no botón "Acepto" para continuar navegando por esta web. Gracias!AceptoPolítica de cookies