A Xunta de Goberno establece anualmente os obxectivos e as liñas de traballo da Asociación, controla a súa economía e exerce a representación institucional dos propietarios forestais e comunidades de montes ante as administracións, industrias forestais e foros nacionais e internacionais.
O equipo técnico e administrativo da AFG ocúpase de prestarlle aos silvicultores os servizos necesarios para facer unha boa xestión do monte. Entre os servizos máis demandados polos socios destacan: asesoramento e asistencia técnica en materia forestal, xestión de montes veciñais e de montes particulares, asesoramento en procedementos xurídicos e administrativos no ámbito forestal, asesoramento en fiscalidade forestal, xestión da venda da madeira, organización de poxas, realización de informes técnicos e peritacións, tramitación de axudas públicas e asistencia técnica para a constitución de agrupacións forestais.
Un dos servizos que maior acollida ten entre os socios é o de valoración de madeira. O informe que se lle entrega ao propietario permítelle coñecer a cantidade e calidade da madeira que vai vender e tamén o seu valor no mercado.
A AFG ofrece a súa asistencia técnica para conseguir o certificado de xestión forestal sostible segundo os sistemas PEFC e FSC que posibilitan a venda de madeira e produtos forestais certificados en todos os mercados.
Ao longo do ano, a AFG organiza numerosas actividades relacionadas coa silvicultura e a xestión de montes; entre elas destacan a realización de viaxes técnicas, a asistencia a feiras forestais, a organización de congresos, simposios e seminarios de carácter forestal. No ámbito da formación, a AFG imparte cursos ós seus socios sobre os principais aspectos da silvicultura e da xestión de montes.
A AFG acumula unha ampla experiencia en repoboación forestal e no manexo de todo tipo de montes, tanto produtivos como de conservación. Máis de 15.000 ha de novos montes foron creados en Galicia co apoio da AFG.
O equipo técnico participa activamente en proxectos de investigación e cooperación nacionais e internacionais coa finalidade de trasladar ao monte as principais innovacións en materia de silvicultura. Toda esta experiencia permítelle á AFG dispoñer dos seus propios modelos de silvicultura e métodos de repoboación que garanten o éxito dos investimentos no monte.
Por outra parte, todos os socios da AFG benefícianse tamén de:
De acordo coa demanda xeneralizada dos membros da AFG, a finais do ano 2002 a Asociación, co apoio do proxecto Eurosilvasur, creou a empresa de servizos SELGA, Compañía Galega de Silvicultores, S.L., dedicada á realización de traballos silvícolas e á prestación de servizos de enxeñería forestal. A empresa SELGA, propiedade de todos os socios da AFG ten unha dedicación moi especial ao comercio da madeira e ao desenvolvemento de enerxías renovables asociadas ao monte.
A través de SELGA, os membros da AFG poden dispoñer dos seguintes servizos:
Utilizamos tecnoloxías como cookies para mellorar o funcionamento da web e para recopilar estatísticas anónimas de uso. Al aceptar as cookies acepta voluntariamente o tratamento dos seus datos. Isto tamén inclúe, por un tempo limitado, o seu consentimento de acordo co artigo 49 (1) (a) GDPR para o procesamento de datos fóra do EEE, por exemplo, nos EE. UU. Nestes países, a pesar dunha coidadosa selección e obriga dos provedores de servizos, non se pode garantir o alto nivel europeo de protección de datos. Si os datos se transfieren aos EE. UU., existe, por exemplo, o risco das autoridades dos EE. UU. procesen estos datos con multas de control y supervisión sin que estén disponibles recursos legales efectivos o sin que puedan hacer valer todos los derechos del interesado. Pode revocar o seu consentimento en calquera momento.