DA DENOMINACIÓN, NATURALIDADE, ÁMBITO, DURACIÓN E DOMICILIO
Artigo 1º.- Denominación, obxecto e normativa
Artigo 2º.- Naturalidade e capacidade
A AFG:
Artigo 3º.- Ámbito e duración
Artigo 4º.- Domicilio
DOS FINS DA ASOCIACIÓN
Artigo 5º .- Fins da asociación
Os fins da asociación son:
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os socios nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
DOS SOCIOS
Artigo 6º.- Requisitos e procedemento de adquisición da condición de socio
Así mesmo poderán pertencer á AFG, as persoas naturais ou xurídicas nas que concorran os supostos previstos no artigo 7º dos Estatutos aínda que carezan de titularidade de propiedades ou explotacións forestais.
Artigo 7º.- Outros socios: socios de honra e protectores, e socios adheridos
Poderán ser socios de honra e protectores as persoas físicas ou xurídicas, sexan nacionais ou estranxeiras, que a xuízo da Asemblea Xeral e a proposta da Xunta de Goberno reúnan méritos que os fagan acredores desta distinción.
Artigo 8º.- Dereitos e deberes dos socios
Artigo 9º.- Perda da condición de socio
Artigo 10º.- Infraccións
Con independencia do previsto como causa de baixa poderán ser sancionadas:
Artigo 11.- Réxime sancionador
DOS ÓRGANOS DE GOBERNO E DOS ÓRGANOS CONSULTIVOS
Artigo 12º.- Órganos de goberno
A dirección e administración da AFG serán exercidas pola Asemblea Xeral, a Xunta de Goberno, a Comisión Executiva e o presidente.
Artigo 13º.- Duración dos cargos
Os cargos electivos dos órganos de goberno terán unha vixencia de catro anos, aínda que poden ser obxecto de reelección.
Artigo 14º.- Cese dos órganos de goberno
A condición de membro dun órgano de goberno da AFG perderase por:
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera órgano de goberno da AFG, serán cubertas provisoriamente entre os membros do mesmo órgano de goberno ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta de Goberno debe estar integrada como mínimo por 5 persoas electas.
Artigo 15º.- A Asemblea Xeral
Artigo 16º.- Clases e convocatoria da Asemblea Xeral
As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias.
Artigo 17º.- Funcionamento da Asemblea Xeral
Artigo 18º.- A Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno é o órgano que ten ó seu cargo o goberno, xestión e administración da AFG.
Artigo 19º. Funcionamento da Xunta de Goberno
Artigo 20º.- A Comisión Executiva
Artigo 21º.- O presidente
Presidente de honra
A Asemblea Xeral, a proposta da Xunta de Goberno, poderá nomear presidente de honra da AFG a aquela persoa física que reúna os méritos para tal distinción en recoñecemento da súa contribución á silvicultura galega e ó seu apoio á Asociación Forestal de Galicia. No presidente de honra recaerán as funcións de representación honorífica da Asociación Forestal de Galicia que lle encomende a Xunta de Goberno. O presidente de honra, nos actos oficiais da AFG, ocupará protocolariamente, o lugar máis destacado.
Artigo 22º.- Os vicepresidentes e os vogais
Artigo 23º.- O secretario
Correspóndelle ó secretario:
Artigo 24º.- O tesoureiro
Artigo 25º.- Órganos consultivos: consellos das comunidades de montes e consellos dos silvicultores
Artigo 26º.- Organización dos consellos
Artigo 27.- Competencias e funcionamento dos consellos das comunidades de montes e dos consellos dos silvicultores
DO PROCEDEMENTO ELECTORAL
Artigo 28º.- Convocatoria de eleccións
Artigo 29º.- Candidaturas
Artigo 30º.- Comisión Electoral
Para a elección da Xunta de Goberno, en cada período electoral, constituirase unha Comisión Electoral de tres membros que serán nomeados pola Xunta de Goberno.
Artigo 31º.- Votación e escrutinio
DO RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 32º.- Patrimonio, recursos e contas da AFG
Artigo 33º.- Regulación das cotas
A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta de Goberno, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da asociación.
Artigo 34º.- Responsabilidade da AFG e dos socios
DA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS
Artigo 35º.- Modificación de estatutos
Os presentes estatutos só poderán ser modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, por acordo adoptado co voto favorable de máis da metade dos socios con dereito a voto presentes ou representados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 36º.- Disolución
A AFG disolverase voluntariamente ou por algunha das causas previstas na normativa vixente.
Artigo 37º.- Procedemento de disolución
A disolución da asociación, a proposta da Xunta de Goberno, só poderá ser acordada pola Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto mediante o voto favorable dos dous terzos dos votos presentes ou representados.
Artigo 38º.- Liquidación
RÉXIME INTERNO
Artigo 39º.- Regulamento de réxime interno
O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, como o procedemento disciplinario, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.
Todas as cuestións e controversias derivadas da interpretación, aplicación e execución do regulado nos presentes estatutos sométense ós xulgados e tribunais de Santiago de Compostela.
A composición e estrutura dos órganos de goberno da AFG manteranse ata a finalización do actual período de mandato dos seus integrantes, sen prexuízo da incorporación dos cargos e do persoal directivo nos termos previstos nos presentes estatutos.
Os presentes estatutos entrarán en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para o efecto.
Vilagarcía de Arousa, 26 de maio de 2018