A Asociación Forestal de Galicia, tal como se recolle nos seus estatutos, representa aos seus membros ante as administración e contribúe á elaboración de políticas forestais acordes cos intereses dos silvicultores galegos. Con tal motivo a AFG elabora e presenta alegacións a toda a normativa sectorial, así como a outra non sectorial que afecta á actividade silvícola e á xestión forestal que se elabora na comunidade autónoma, no Estado e na Unión Europea.
Por outra parte os técnicos da Asociación Forestal de Galicia asesoran ou elaboran directamente alegacións e recursos a expedientes administrativos dos seus asociados na práctica totalidade daqueles asuntos relacionados coa actividade silvícola e a xestión forestal.
Esta web usa cookies para asegurarse de ofrecer a mellor experiencia de usuario. Por favor, preme no botón "Acepto" para continuar navegando por esta web. Gracias!AceptoPolítica de cookies