Aviso legal

Responsable deste sitio web

Denominación social: Asociación Forestal de Galicia.

CIF: G-15112121

Domicilio social: Rúa do Vilar, nº 33, 1º, 15705 Santiago de Compostela

Enderezo de correo electrónico: afg@asociacionforestal.org

Rexistro Central de Asociacións: 2004/007827-1

 

 

Política de privacidade

Identificación e datos de contacto do responsable do tratamento

ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA, entidade domiciliada na rúa do Vilar 33 1º, 15705, Santiago de Compostela, (A Coruña) – España, con CIF G-15112121, é a responsable do tratamento dos datos de carácter persoal que se traten a través desta páxina web. Na presente cláusula facilítase a información sobre o uso que realizará a asociación dos datos persoais.

Así mesmo, a presente Política de Privacidade ten por obxecto facilitar información sobre os dereitos que asisten tanto ás persoas usuarias rexistradas coma non rexistradas en virtude do RXPD 2016/679 e a Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais. Para calquera dúbida relativa ao tratamento dos datos persoais, pódese contactar coa Asociación na rúa do Vilar, nº 33 1º, 15705, Santiago de Compostela, (A Coruña) – España.

Tratamento de datos

A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA informa a través desta web sobre a súa política de privacidade respecto ao tratamento e protección dos datos de carácter persoal de calquera persoa titular coa que manteña unha relación na que se requira o tratamento dos datos persoais.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais, e neste caso informamos dun tratamento conxunto naqueles casos necesarios para a xestión de servizos e/ou produtos contratados, sen prexuízo do indicado no apartado 4 desta política.

Máxima transparencia na información, por ese motivo informamos sobre como tratamos os datos, incluso cando non recollemos datos desde a páxina web.

Non compartimos datos con terceiros, os datos están a salvo, só serán comunicados a terceiros cando exista unha obriga baseada nunha normativa ou sexa imprescindible para poder ofrecer un determinado servizo. Informamos ao respecto no punto “Destinatarios”.

Cumprimento legal, a ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA está axeitada ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RXPD), á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e á Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI) e inda que derrogado, por regular a LOPD 15/99, seguimos implantando medidas de seguridade do Real Decreto 1720/2007.

Responsable do tratamento de datos

En cumprimento da lexislación vixente en Protección de Datos indicamos que os datos persoais que nos son facilitados de forma voluntaria por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuais, sendo a ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA coa que mantén a relación contractual a persoa Responsable destes tratamentos. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal.

Así mesmo, a ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación vixente, e que se estableceron todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado, roubo dos datos facilitados polas persoas interesadas e para que o seu cadro de persoal observe esas prescricións, así como o deber de secreto sobre os datos obxecto da protección e demais obrigas de confidencialidade vixentes.

Que datos persoais tratamos

O tratamento dos datos é necesario para dar acceso aos contidos e/ou funcionalidades da nosa páxina web ou, no caso de que se requira, poder remitir a información ou prestar os servizos dispostos a través deste. Ao respecto, mantemos un firme compromiso a tratar os datos persoais de forma lexítima e coherente de acordo cos principios e obrigas legais dispostos pola vixente normativa de protección de datos persoais.

Cando se navega a través da nosa páxina web e, en particular, cando se interectúa, achéganse datos de forma directa, por exemplo, cando se cumprimenta calquera formulario ou solicitude disposta en liña conforme os fins de tratamento indicados en cada caso (por exemplo, o formulario de contacto).

Os datos que se achegan están en relación con tales formularios. Sempre solicitaremos aqueles datos axeitados, pertinentes e limitados ao necesario respecto aos citados fins de tratamento (principio de minimización de datos persoais):

  • Datos de contacto e identificativos, nome, apelidos, enderezo, número de teléfono, correo electrónico.
  • Comerciais e preferencias, información que se nos facilite acerca de preferencias, por exemplo o tipo de servizos nos que se manifesta interese.
  • Aqueles que se decida facilitar voluntariamente.
  • Os datos derivados das comunicacións que se manteñan con nós.
  • A información correspondente á navegación no caso de servizos en liña, (enderezo IP ou información derivada de cookies ou dispositivos semellantes (pódese ver a nosa política de cookies na web).
  • Aquela información que se atope dispoñible en fontes accesibles ao público, á que lexitimamente poidamos acceder.
  • Os datos que se deriven da relación contractual ou precontractual que se manteña con nós, incluídas imaxes persoais, informando sempre neste caso da posibilidade de captar a imaxe persoal.
  • Os que terceiras persoas nos proporcionen sobre a persoa usuaria, existindo unha base lexítima para isto ou no caso de ter obtido o consentimento para isto.
  • Os datos de terceiros que nos facilite a persoa usuaria, previo consentimento da terceira persoa en cuestión.

Como tratamos os datos

Na ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA tratamos os datos persoais sempre en estrito cumprimento da lexislación vixente. Ademais, informamos de que contamos coas medidas técnicas e organizativas axeitadas para garantir un nivel óptimo de seguridade, garantindo con isto que só accederán aquelas persoas que teñan autorización, que os manteremos íntegros, evitando calquera perda intencionada ou accidental e que reforzamos os sistemas e servizos de tratamento de datos.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que realizamos de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

Finalidade dos datos

A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA, trata os datos persoais coas seguintes finalidades:

  • Posibilitar a navegación pola nosa páxina web, permitindo con isto o acceso á información e aos contidos dispostos na mesma.
  • Atender e xestionar as súas consultas e solicitudes.
  • Remitir toda a información necesaria en relación coas características do servizo que nos teña solicitado.
  • Se así se acepta, ou existe base legal abondo para isto, remitir información e publicidade sobre xornadas e actividades.
  • Prestar de forma axeitada servizos de atención á persoa interesada.
  • Realizar un control de calidade sobre os nosos servizos mediante a realización de posibles enquisas de opinión.
  • En caso de que aceptase a política de cookies, para o desenvolvemento dos fins asociados aos distintos tipos de cookies informadas a través desta. En calquera momento, se así se desexa poderase configurar o uso das cookies, ostentando un dereito a revogar o seu consentimento respecto aos fins asociados ás cookies. Informamos que a revogación do consentimento ao tratamento dos datos persoais respecto a certos tipos de cookies como son as de sesión ou técnicas poden impedir que navegue pola nosa web (ver política de cookies).
  • Adoptar cantas medidas de protección resulten aplicables de conformidade coa normativa vixente, incluíndo, a posible anonimización dos datos persoais aplicando, para isto, as axeitadas técnicas dispoñibles ao efecto. Por conseguinte, neste ámbito, tamén poderán realizarse tratamentos de anonimización e seudonimización para a mellor protección dos datos persoais.
  • Aplicar as pertinentes medidas de seguridade, técnicas e/ou organizativas sobre os datos persoais con enfoque ao risco existente en cada momento.
  • En xeral, para o cumprimento de obrigas de carácter legal e regulatorio, conforme ao sector de actividade, (sen ánimo limitativo nin excluínte) tanto por órganos xudiciais, organismos reguladores e supervisores e corpos e forzas de seguridade do Estado, cos que estamos obrigados a cumprir as leis dos países nos que se desenvolva a actividade, incluíndo actuacións tendentes á detección do fraude e a prevención de delitos ou actuacións ilícitas.

Lexitimación do tratamento

A base da lexitimación do tratamento de datos persoais baséase no consentimento expreso da persoa usuaria (art. 6.1, a del RXPD) e, segundo os casos, satisfacción do interese lexítimo (art. 6.1, f do RXPD), propio ou de terceiros, na aplicación de medidas precontractuais (art. 6.1, b do RXPD) a petición da persoa interesada ou o seu consentimento (art. 6.1, a del RXPD).

Na remisión de información e publicidade sobre ofertas, produtos, servizos, promocións, obsequios e campañas, nas comunicacións comerciais a lexitimación do tratamento dos datos persoais baséase no consentimento da persoa usuaria (art. 6.1, a del RXPD), e cando tales poidan ampararse no disposto no artigo 21.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, no interese lexítimo (art. 6.1, f do RXPD).

Menores

As persoas menores de 14 anos non poderán usar os servizos dispoñibles a través do sitio web sen a previa autorización dos seus pais, titores ou representantes legais, que serán os únicos responsables de todos os actos realizados a través do sitio web polos menores ao seu cargo, incluíndo a cumprimentación dos formularios cos datos persoais dos menores e marcación, no seu caso, das casiñas que os acompañan. Neste sentido, e na medida na que a ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA non ten capacidade para controlar se as persoas usuarias son ou non menores de idade, advírtese que deberán ser os pais e titores quen habiliten os mecanismos necesarios para evitar que os menores accedan ao sitio web e/ou faciliten datos de carácter persoal sen a súa supervisión, non admitindo a ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA responsabilidade algunha ao respecto.

Comunicacións electrónicas

  • No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informamos que as mensaxes se dirixen exclusivamente á persoa destinataria e poden conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vostede a persoa indicada, queda notificada de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude de la lexislación vixente.
  • De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE comunicamos que no suposto de que non se desexe recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, deberase indicar por esta mesma vía indicando no asunto BAIXA COMUNICACIÓNS para que os datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A solicitude será accionada nun prazo de 10 días desde o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa, entenderemos que se acepta e autoriza que a nosa asociación siga realizando as referidas comunicacións.

Canto tempo conservamos os datos?

Os datos persoais relativos a personas físicas que a ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA recompila por calquera medio, conservaranse mentres a persoa interesada solicite a súa supresión. Así mesmo, conservaranse mentras se manteña a relación que orixinou o tratamento dos datos, respectando en calquera caso os prazos legais de conservación. Concluído este período, os datos persoais serán eliminados de todos os sistemas da ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA.

A que destinatarios se comunicarán os datos?

No haberá cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais, salvo as xa informadas, que non sexa por unha obriga legal. Se por requirimento da Administración Pública ou as institucións autonómicas no ámbito das funcións que a lei lles atribúa expresamente, se nos solicitan os datos persoais, estes serán transmitidos.

De existir unha cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais fóra dos casos anteriormente previstos, avisarase previamente para que a persoa interesada preste o seu consentimento se procede.

Pero para poder organizarnos correctamente, ter boas operativas e procedementos que garantan unha boa xestión da ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA, pode ser necesario ter que contratar os servizos de asesores, profesionais, ou outras empresas de servizos para tratar datos baixo as nosas indicacións.

Este tratamento por conta de terceiros está regulada nun contrato que consta por escrito ou algunha outra forma que permita acreditar a súa celebración e contido, especificando expresamente que a persoa encargada do tratamento tratará os datos conforme as nosas instrucións e non os aplicará ou usará con fin distintos aos que figuren en dito contrato, nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas.

Cales son os dereitos das persoas cando nos facilitan os datos?

A normativa de protección de datos confírelle á persoa titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

  • Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.
  • Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos se están tratando e as características do tratamento que se leva a cabo.
  • Dereito de rectificación: poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.
  • Dereito de portabilidade: poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
  • Dereito de supresión: solicitar o cese do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.
  • Dereito a interpor unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de datos C/ Jorge Juan, 6 28001-Madrid – FAX: 914483680- Tel.: 901 100 099- enderezo electrónico: ciudadanos@agpd.es
  • Se desexa máis información respecto ao tratamento dos datos persoais, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa no sexan necesarios, é preciso dirixirse por escrito a: rúa do Vilar, nº 33, 1º, 15705, Santiago de Compostela, (A Coruña) – España, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org, tel.: 981 564 011.
    • A comunicación deberá reflectir a seguinte información: nome e apelidos da persoa usuaria, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
    • O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal da autorizada. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación.

Finalidades do tratamento de datos

Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo pola persoa responsable do tratamento:

REXISTRO DE ACTIVIDADES: CONTACTOS

  • FINALIDADE: envío de información comercial, ofertas, información sobre produtos e/ou servizos a clientes e/ou potenciais clientes.
  • BASE LEGAL: consentimento expreso da persoa interesada (art. 6.1, a do RXPD).
  • DESCRICIÓN: categoría de datos persoais (de identificación: nome e apelidos, teléfono, enderezo electrónico).
  • CESIÓN DE DATOS: non se cederán datos a terceiros.
  • PRAZO DE SUPRESIÓN DOS DATOS: ata a resolución da súa solicitude de información.

REXISTRO DE ACTIVIDADES: PERSOAS SOCIAS

  • FINALIDADE: xestión da relación coas persoas asociadas.
  • BASE LEGAL: lexitimación: a relación xurídica ou contractual existente necesaria para a prestación do servizo (art. 6.1, b do RXPD) e o interese lexítimo para o desenvolvemento de relación.
  • DESCRICIÓN: categoría de datos persoais (de identificación: nome e apelidos, NIF, enderezo postal, teléfono, correo electrónico, imaxe/voz, sinatura; características persoais: estado civil, data e lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade; datos bancarios: para a domiciliación dos pagos).
  • CESIÓN DE DATOS: bancos e entidades financeiras, encargados do tratamento, Administración Tributaria.
  • PRAZO DE SUPRESIÓN DOS DATOS: ata o momento en que a persoa interesada solicite a baixa ou supresión dos seus datos e unha vez suprimidos, conservaranse por un período máximo de 6 anos a disposición da Administración pública, xuíces e tribunais, para a atención e defensa das posibles responsabilidades nacidas do tratamento.
    Oficinas centráis
    Rúa do Vilar, nº 33, 1º 15705 Santiago de Compostela
    981 564 011
    Oficinas Xinzo-Ponteareas
    Centro Cultural Xinzo, Portela, nº 34, 36891 Ponteareas.
    986 660 864