De acordo coa demanda xeneralizada dos membros da AFG, a finais do ano 2002 a Asociación, co apoio do proxecto Eurosilvasur, creou a empresa de servizos SELGA, Compañía Galega de Silvicultores, S.L., dedicada á realización de traballos silvícolas e á prestación de servizos de enxeñería forestal. A empresa SELGA, propiedade de todos os socios da AFG ten unha dedicación moi especial ao comercio da madeira e ao desenvolvemento de enerxías renovables asociadas ao monte.
A través de SELGA, os membros da AFG poden dispoñer dos seguintes servizos:
A xestión de montes, de particulares e veciñais, e a supervisión e dirección dos traballos nos montes por encargo dos socios.
A elaboración de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes.
A certificación forestal a través de SELGA Xestión Forestal Sostible que prepara e xestiona a obtención da certificación da xestión forestal baixo os dous sistemas internacionais: PEFC e FSC.
A elaboración de proxectos técnicos forestais: repoboacións, tratamentos silvícolas e construción de infraestruturas forestais.
A restauración e recuperación de montes e ecosistemas forestais naturais.
A elaboración de planos de terreos e cartografía de montes.
A execución de traballos forestais: plantacións, forestación de terras agrarias, aplicación de tratamentos contra pragas e enfermidades forestais e realización de podas e rareos.
A comercialización de madeira: xestión de vendas e organización de poxas.
O desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables.
Esta web usa cookies para asegurarse de ofrecer a mellor experiencia de usuario. Por favor, preme no botón "Acepto" para continuar navegando por esta web. Gracias!AceptoPolítica de cookies