Este portal ten información restrinxida ós socios da Asociación Forestal de Galicia que estean rexistrados e información de libre acceso.
Dentro da información restrinxida ós socios temos:
Acceso á información dos libros e revistas da biblioteca da Asociación Forestal de Galicia. Máis de 2.000 entradas de libros e revistas para que os socios poidan atopar o libro que necesitan.
Cotización da madeira. Temos as últimas cotizacións de madeira e un arquivo histórico que permitirá consultar cotizacións anteriores.
Revista O Monte. Todas as revistas publicadas pola AFG desde a súa fundación.
Novas AFG. Boletín electrónico que se distribúe entre os socios da AFG con información de interese forestal.
Como facerse socio
Como usuario non rexistrado, vostede ten acceso a moitas das seccións do portal.
Se quere ser socio da Asociación Forestal de Galicia, pode encher o seguinte formulario e, en pouco tempo, a secretaría da AFG poñerase en contacto con vostede.
Se desexa saber máis sobre a Asociación Forestal de Galicia, pode escribir un correo á seguinte dirección: afg@asociacionforestal.org ou chamar a calquera de nosas oficinas.
Esta web usa cookies para asegurarse de ofrecer a mellor experiencia de usuario. Por favor, preme no botón "Acepto" para continuar navegando por esta web. Gracias!AceptoPolítica de cookies