Experiencias sobre hervivorismo pírico nos Ancares dentro do proxecto Compás
Catro persoas do persoal dos socios galegos do proxecto COMPÁS: modelos de desenvolvemento rexional sobre herviborismo pírico (xeración de pasto con lume), unha ferramenta para a conservación ambiental e a fixación e protección da poboación, Universidade de Santiago de Compostela e Asociación Forestal de Galicia, estiveron o visitando as dúas parcelas piloto nos termos municipais de Cervantes e Navia de Suarna, na provincia de Lugo.
Nas dúas parcelas, fíxose unha queima controlada no monte, co apoio dos equipos de prevención integral de incendios forestais (EPRIF), e deixáronse reservadas varias parcelas de mostra sen queimar e outra queimada pero sen pastorear, para estudar as consecuencias do herviborismo pírico na mellora dos pastos de montaña.
A queima controlada é un procedemento máis económico cá roza e válido para sitios accidentados en que non se pode mecanizar, que permite diminuír a biomasa avellentada no monte e por tanto, previr o risco de incendio, ao mesmo tempo que permite a rexeneración dos pastos, incrementando o seu valor forraxeiro.
En ambas as parcelas, que pastorea actualmente gando vacún, están a aplicarse novas tecnoloxías para un manexo máis moderno das reses como os colares GPS e peches virtuais. Ademais estase efectuando un seguimento de como evoluciona a vexetación despois da queima con teledetección e medicións de campo.
O proxecto “COMPÁS: modelos de desenvolvemento rexional sobre herbivorismo pírico, unha ferramenta para a conservación ambiental e a fixación e protección da poboación” que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU, que ten como obxectivos principais:
- Establecer o marco científico-técnico, normativo e social necesario para a utilización do herbivorismo pírico na xestión forestal preventiva fronte a grandes incendios.
- Desenvolver exemplos reais que sirvan de modelo para futuras persoas emprendedoras, e preparar e liderar a súa capacitación.
É un proxecto coordinado pola Universidade Pública de Navarra no que participan ademais a Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Estación Experimental do Zaidín de Granada (CSIC), a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Pastores polo Monte Mediterráneo.