O encontro científico-técnico de piñeiro pinaster impulsa a confluencia da investigación científica coa xestión operativa do monte
A Asociación Forestal de Galicia desenvolveu durante dous días un encontro científico – técnico transfronteirizo sobre os montes de Pinus pinaster, coñecido popularmente como piñeiro do país ou piñeiro bravo. O encontro impulsou a confluencia da investigación científica e da xestión do monte en Galicia e Norte de Portugal, pois o evento contou con investigadores, propietarios forestais, empresas de servizos forestais e serradoiros de transformación da madeira.
O obxectivo do evento foi o de debuxar a folla de ruta para Pinus pinaster nos próximos anos en Galicia e Norte de Portugal, ante retos como o cambio climático e o avance de pragas e enfermidades.
As conclusións do evento apuntan á necesidade de proseguir os esforzos en mellora xenética, unida a unha silvicultura dirixida a obter madeira de maior calidade e que sexa máis rendible para as persoas propietarias.
No debate do encontro, reflexionouse sobre cuestións como os modelos silvícolas a aplicar en monte ou as vantaxes da introdución de planta mellorada nas novas plantacións.
Visitas a monte
Como parte deste encontro, fixéronse visitas a monte a unha parcela de ensaios de Pinus pinaster situada no monte veciñal de Soutelo (Salceda de Caselas), instalada no 2021 de xeito conxunto polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Asociación Forestal de Galicia. Trátase dunha parcela na que se están ensaiando un total de 12 xenotipos resistentes ao nematodo do piñeiro.
Outra das visitas técnicas foi ao monte demostrativo de Mouriscados (Mondariz), impulsado pola Asociación Forestal de Galicia en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais de Mouriscados (Mondariz). No monte demostrativo de Mouriscados visitáronse traballos de plantación con planta mellorada, procedente de estaca, así como unha plantación experimental de 2,7 hectáreas de planta resistente ao nematodo do piñeiro.
O percorrido polo monte veciñal de Mouriscados concluíu nunha zona na que, tras un recente incendio, restauráronse antigos socalcos. É un traballo que se fixo con material controlado de Pinus pinaster, acompañado de rexeneración natural, e de faixas de bidueiros en determinadas zonas.
Este encontro contou co patrocinio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, coa colaboración da Fundación Arume e Abanca.
O seu comité organizador estivo formado por representantes das seguintes institucións: Asociación Forestal de Galicia (Francisco Dans), Asociación Sectorial Forestal Galega (Jacobo Feijoo), Associação Florestal de Portugal (Rosário Alves), Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Raquel Díaz), Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (José Martel), Fundación Arume (Xosé Mera) e Unión de Selvicultores del Sur de Europa (Leire Salaberria).
A organización e secretaría técnica do encontro corriu a cargo da Asociación Forestal de Galicia (Carme Boente e Julio Ruiz) co apoio da Unión de Selvicultores do Sur de Europa (Edurne Lacalle).
Vídeos
Pódese acceder á videoconferencia do martes 19 neste enlace
Pódese acceder á videoconferencia do mércores 20 neste enlace
Relatorios
Pódense descargar os relatorios do encontro nos seguintes enlaces
O RECURSO E A MELLORA XENÉTICA
Os avances en mellora xenética de Pinus pinaster
Raquel Díaz (CIF de Lourizán), acceso á presentación en PDF
Capacidade de produción de planta mellorada e demanda
Francisco Lario (Tragsa), acceso á presentación en PDF
José Martel (DXPOF)
Pedro Teixeira (CentroPINUS), acceso á presentación en PDF
Situación actual e evolución do recurso en Galicia e Portugal
Juan Picos (UVigo), acceso á presentación en PDF
Produción e demanda actual e futura de madeira de piñeiro no mercado
Tiago Almeida (CentroPINUS), acceso á presentación en PDF
Ismael Olveira (Fundación Arume), acceso á presentación en PDF
Esixencias tecnolóxicas da madeira e compatibilidade con aproveitamentos resineiros
Sofía Knapic (SERQ), acceso á presentación en PDF
David Lorenzo (Fundación Arume), acceso á presentación en PDF
Enrique Martínez (CIF de Lourizán), acceso á presentación en PDF
Defectos en plantacións. Curvatura basal
Francisco Lario (Tragsa) e Braulio Molina (Selga S.L.), acceso á presentación en PDF
Rexeneración natural e incorporación de material mellorado
Xosé Covelo (AFG), acceso á presentación en PDF
PREVENCIÓN E XESTIÓN DE RISCOS
A incidencia e evolución do nematodo
Edmundo Sousa (INIAV), acceso á presentación en PDF
Outras patoloxías e danos bióticos en piñeirais
Olga Aguín (EF Areeiro), acceso á presentación en PDF
A silvicultura na zona de afección do nematodo
Julia Pérez (DXGAIA), acceso á presentación en PDF
Compatibilidade con gando e fauna salvaxe
Antonio Rigueiro (USC) e Braulio Molina (Selga S.L.), acceso á presentación en PDF
Problemas actuais e futuros ante riscos climáticos
Rafael Zas (MBG. CSIC), acceso á presentación en PDF
SOSTIBILIDADE E RECURSOS ECOSISTÉMICOS
Normativas europeas relacionadas coa xestión forestal sostible
Edurne Lacalle (USSE), acceso á presentación en PDF
O manexo da auga e o tratamento dos mananciais
Antonio del Campo (U. Valencia), acceso á presentación en PDF
Calidade do solo (conservación e fertilidade)
Cristina Fernández (CIF de Lourizán), acceso á presentación en PDF
Capacidade de captación de CO2 en piñeirais
Felipe Macías (USC), acceso á presentación en PDF
Indicadores ambientais en piñeirais e biodiversidade
Odón López (DXPOF)
Os piñeirais en espazos dunares, conservación e uso social
Rui Rosmarinho (ICNF), acceso á presentación en PDF
Viabilidade de diferentes modelos silvícolas
Ulises Diéguez (USC), acceso á presentación en PDF
Incentivos actuais e novas propostas de axudas
Susana Carneiro (CentroPINUS), acceso á presentación en PDF
Jacobo Feijóo (ASEFOGA), acceso á presentación en PDF