Ensaio de variedades de piñeiro pinaster e insigne
Durante o mes de decembro concluíuse a instalación de dúas plantacións destinadas á investigación dunha iniciativa promovida polo Grupo Operativo Supraautonómico GenMaC, creado para innovar e cooperar na transferencia, utilización e demostración dos coñecementos dispoñibles en recursos xenéticos forestais, para incrementar a produtividade e a calidade de madeira de coníferas.
Unha das plantacións fíxose no monte veciñal de Saiar en Caldas de Reis (Pontevedra) onde se plantaron 2,8 ha con 32 variedades de piñeiro galego (Pinus pinaster) e a outra, no monte Riobóo da familia Redondas situado no concello do Valadouro (Lugo) 2,7 ha con 18 variedades de piñeiro insigne (Pinus radiata).
O traballo foi realizado por Selga por encargo da Confederación de Organizacións de Selvicultores de España (COSE) coa colaboración dos propietarios dos montes como unha acción do proxecto GenMaC, onde participan varios centros de investigación de ámbito nacional. Esta iniciativa conta cunha cofinanciación do 80 % de fondos FEADER da Unión Europea.
Máis información sobre o proxecto GenMaC.