Cambios ocasionados na AFG polo coronavirus
Seguindo as instrucións e a normativa do Goberno e asumindo a nosa responsabilidade para a contención do COVID 19, comunícolle que todos os traballadores e traballadoras da Asociación Forestal de Galicia e Selga, Compañía Galega de Silvicultores, realizarán o seu traballo de forma telemática ata que as condicións sanitarias fagan posible retomar as actividades habituais.
Neste sentido, desde hoxe e ata novo aviso suspéndese a atención presencial nas nosas oficinas de Santiago de Compostela e Ponteareas, salvo causa inaprazable urxente, neste caso será necesario concertar unha cita previamente nos teléfonos 981 564 011 ou 986 660 864.
Todo o persoal técnico e administrativo estará á súa disposición nos teléfonos e enderezos electrónicos habituais.
Informámoslle tamén que o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, establece que quedan interrompidos os prazos administrativos e o seu cómputo retomarase cando finalice o estado de alarma.
Agardamos poder retornar pronto á normalidade para o que lle rogamos que contribúa respectando as medidas de prevención necesarias para evitar a transmisión do virus.