A Mancomunidade de Montes de Vigo celebra o seu 25 aniversario
Sábado 7 de maio de 2022 a Mancomunidade de Montes de Vigo celebrou o seu 25 anivesario cun acto no que participaron representantes das comunidades que a conforman, otras comunidades convidadas, o conselleiro de Medio Rural o presidente da Asociación Forestal de Galicia, a concelleira de Igualdade e Normalización do Concello de Vigo e representantes dos grupos municipais do BNG e do PP en Vigo.
O programa de actividades comezou cunha asemblea extraordinaria coa presenza das comunidades de montes de Vigo. Houbo ocasión para falar dos últimos 25 anos e de comentar as propostas para os vindeiros 25 anos. Fixéronse lembranzas dos anteriores presidentes da Mancomunidade e dos comuneiros e comuneiras que fixeron posible co seu traballo desinteresado que os montes periurbanos de Vigo sexan un referente de conexión do monte coa cidade.
A continuación tivo lugar a mesa redonda “Repensando o movemento comunal vigués: presente e futuro”, na que participaron o abogado Calixto Escariz e o director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, Juan Picos que, fixeron unha revisión da evolución das comunidades de montes viguesas e
A xornada rematou coa intervención de Uxío González, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Uxía Blanco, concelleira de Igualdade e Normalización, e José González, Conselleiro de Medio Rural.
Con motivo desta efemérides, a Mancomunidade estrenou un vídeo resumo do intenso traballo levado a cabo estes últimos 25 anos que se pode visualizar aquí.