A AFG celebra o Día Internacional dos Bosques cos nenos de Boqueixón
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques, a Asociación Forestal de Galicia realizou o luns 28 de marzo unha plantación para a creación dun bosque mixto de frondosas de carballo do país, castiñeiro e cerdeira, na que colaboraron 23 alumnos de 1º de ESO do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón, acompañados de dúas profesoras do centro.
O acto contou coa participación do alcalde do concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, así como do vicepresidente de Relacións Intitucionais da AFG e o seu equipo técnico.
O grupo de alumnos fixeron unha visita guiada polo Monte demostrativo do Pico Sacro, na que os técnicos da AFG lles explicarons aos participantes as experiencias que se están levando alí, para a continuación, ensinarlles e axudarlles a facer unha plantación de árbores frondosas.