Hoxe en día non é admisible a xestión dos recursos naturais sen unha planificación previa. Esa planificación, ou ordenación do monte, require un estudio exhaustivo das posibilidades tanto actuais como futuras, así como avaliar as aptitudes do monte para que, á vista dos resultados, se poidan planificar as funcións, produtos e servizos que se queiran obter no monte veciñal. Con axuda de profesionais, asociacións de propietarios ou servizos da Administración, deberase realizar unha zonificación básica reflectida nun plan para o seu aproveitamento. As zonas a establecer poderían ter algún dos seguintes usos:
Os técnicos de cada ramo deberán elaborar os plans concretos para cada unha das zonas que se cheguen a definir, sendo habitual que nun mesmo monte veciñal coexistan múltiples aproveitamentos.
A comunidade debe contemplar o monte veciñal como un terreo produtor de bens e servizos sen esquecer que tamén se trata dun espazo de gran valor protector e paisaxístico, incluso cultural, no que se poden desenvolver múltiples actividades, sempre que se conte con control oportuno das mesmas e, sobre todo, se garanta a seguridade dos participantes. O obxectivo será facer compatible a conservación destes valores co aproveitamento racional e sostible dos recursos naturais.
En todo caso, o aproveitamento e goce dos montes veciñais en man común corresponde exclusivamente á comunidade titular, que pode planificar a súa explotación de tres xeitos posibles:
Estas tres vías para aproveitar os recursos do monte non son excluíntes entre si, pero sempre requiren unha planificación ou ordenación que sinale as posibilidades ou restricións de cada zona. De facerse así, é posible acadar o obxectivo de que a xestión global do monte se desenvolva de xeito sostible.
Aínda que normalmente se contemple como opción principal a do uso comunal do monte veciñal, na normativa está considerada tamén a posibilidade de ceder temporalmente as parcelas de montes aos comuneiros que o soliciten para usos gandeiros ou agrícolas, por períodos non superiores a 11 anos, sempre que se conte co acordo previo da Asemblea Xeral. Se se renovan, os lotes non poderían coincidir cos do anterior reparto.
A realidade da Galicia rural fai que estes aproveitamentos agrarios tradicionais, realizados de xeito individual polos comuneiros, tendan a desaparecer co paso dos anos en beneficio dun aproveitamento forestal diversificado que pasa a ser realizado, na maior parte dos casos, pola propia comunidade. En xeral, estes aproveitamentos terán como finalidade principal a de obter fondos que se destinarán a cubrir os gastos derivados do mantemento das infraestruturas e do uso social do monte, que cada día ten máis importancia e repercusión.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.