O número de montes veciñais en Galicia é elevado, atopándose en constante aumento a medida que se van clasificando novos montes. A finais do ano 2018 había un total de 3.312 montes veciñais en man común clasificados nas catro provincias galegas.
Distribución do número e superficie de montes veciñais por provincia | ||||
Nº montes | Superficie (ha) | Superficie media (ha) | ||
A Coruña | 297 | 48.071 | 161,86 | |
Lugo | 928 | 203.471 | 219,26 | |
Ourense | 1.258 | 277.355 | 220,47 | |
Pontevedra | 829 | 135.333 | 163,25 | |
TOTAL | 3.312 | 664.230 | 200,55 | |
Fonte | Anuario de estatística forestal de Galicia 2018. Xunta de Galicia | ||||
A distribución dos montes veciñais polo territorio galego non é uniforme, nin no seu número nin na súa superficie, atopándose tanto zonas nas que a maioría da superficie forestal está formada por este tipo de propiedade como outras onde a súa presenza é mínima. Se se contempla a súa distribución a nivel provincial, destaca Ourense onde se atopan case o 38 % dos montes veciñais de toda Galicia (1.258 montes no ano 2018). No polo contrario atópase a provincia da Coruña, onde nese ano estaban clasificados só 297 montes veciñais.
Distribución das comunidades por provincia no ano 2018 | |||
Provincia | Número CMVMC | ||
A Coruña | 297 | ||
Lugo | 928 | ||
Ourense | 1.258 | ||
Pontevedra | 829 | ||
TOTAL | 3.312 | ||
Fonte e gráfico | Anuario de estatística forestal de Galicia 2018. Xunta de Galicia |
No ano 2018, a superficie media dos montes veciñais en Galicia superaba lixeiramente as 200,55 hectáreas. A superficie media dos montes veciñais de Lugo e Ourense situábase arredor das 220 hectáreas mentres que os da Coruña e Pontevedra eran algo menores, arredor das 160 hectáreas.
—-
[1] Con dúas excepcións a esta característica: a expropiación e a permuta.
[2] Moitos montes veciñais de Galicia (sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense) foron obxecto de división ou reparto en “sortes” ou “tenzas”, como se se tratase de parcelas particulares, división que é ilegal aos efectos de adquisición da propiedade polo que, con independencia do tempo que pasase dende ese reparto, segue sendo monte veciñal.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.