A figura do comuneiro resulta moi relevante no noroeste peninsular por canto, a finais do ano 2018, había un total de 122.734 comuneiros en Galicia, sendo maior o número medio de comuneiros nas comunidades de montes de Pontevedra (sobre todo no sur) e moito menor nas provincias de Ourense e Lugo.
A comunidade está integrada por comuneiros e comuneiras que, para selo, deben cumprir os seguintes requisitos:
Pero tendo en conta a xurisprudencia, as persoas comuneiras dunha determinada comunidade de montes serán aqueles veciños residentes con casa aberta na demarcación histórica da parroquia tradicional correspondente, con independencia da delimitación administrativa actual e da súa actividade económica.
Dereitos das persoas comuneiras
Na normativa que afecta ás comunidades de montes veciñais en man común contémplanse, entre outros, os seguintes dereitos das persoas comuneiras:
A diferente xurisprudencia reincide na consideración de que non existe ningún motivo para xustificar a expulsión dun comuneiro salvo que deixe de cumprir os requisitos para selo (entre eles e principalmente, o de ter residencia habitual na área xeográfica vinculada co monte veciñal). Así se viu referendado polo establecido na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia, onde se especifica que a condición de comuneiro só se perderá por deixar de cumprir os requisitos esixidos para iso.
—
[1] Artigo 17 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común e artigo 45 do Decreto 260/1992, Regulamento da lei de montes veciñais en man común.
[2] Artigo 38 do Decreto 260/1992, Regulamento da lei de montes veciñais en man común.
[3] Artigo 14.2 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común e artigo 40.2 do Decreto 260/1992, Regulamento da lei de montes veciñais en man común.
[4] Artigo 14.4 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común e artigo 41.1 do Decreto 260/1992, Regulamento da lei de montes veciñais en man común.
[5] Artigo 14.5 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común e artigo 41.2 do Decreto 260/1992, Regulamento da lei de montes veciñais en man común.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.