Boimorto, 23 de novembro de 2023
Find out more »VER MÁIS EVENTOS
Desde a súa creación no ano 1986, a AFG dedica boa parte da súa actividade a tarefas de formación dirixidas a propietarios forestais e a membros de comunidades de montes. Temas como a silvicultura dos piñeiros e das frondosas, a fiscalidade forestal, a certificación forestal, as pragas e doenzas foron obxecto de máis de 500 cursos monográficos impartidos en toda a xeografía galega.
A organización de congresos e foros forestais é outra das tarefas nas que a Asociación pon unha especial atención, entre outros pódense destacar os seguintes:
Xornadas europeas Estratexias para a protección e mellora dos recursos forestais. Pazo de Mariñán, 4, 5 e 6 de maio de 1989.
Curso Internacional de Economía Política Forestal. Santiago de Compostela, do 15 ó 19 de outubro de 1990.
Seminario Internacional de Forestación de Terras Agrarias. Ourense e Bragança, 13, 14 e 15 de outubro de 1994.
I Congreso Galego de Montes Veciñais. Mondariz Balneario 14, 15 e 16 de decembro de 1995.
Xornadas de debate sobre o Réxime Fiscal das Comunidades de Montes Veciñais. Mondoñedo, Silleda e Ponteareas, abril de 2002.
Seminario de Financiación da Silvicultura. Soutomaior, 12 de setembro de 2002.
Xornadas Internacionais Montes e Enerxías Renovables, nas que se debateu o papel dos propietarios forestais no desenvolvemento das enerxías renovables. Santiago de Compostela, 14 e 15 de novembro de 2002.
Xornadas Internacionais sobre Fiscalidade e Financiación de Montes. Vigo, 14 e 15 de abril de 2005.
Seminario internacional “Biomasa forestal primaria y electricidad verde”. Vigo, 8 de xuño de 2007.
Xornadas formativas “Xestión dos espazos agroforestais en San Xurxo da Mariña e San Román de Doniños. Fomento da actividade agroforestal”. Ferrol-San Xurxo, 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2011.
Encontro transfronteirizo: Rede de cooperación sobre biomasa forestal. Tomiño. 24 de novembro de 2011.
Encuentro transnacional para la cooperación “Sostenibilidad de las plantaciones de eucalipto en el sur de Europa. Santiago de Compostela. 29 e 30 de novembro de 2012.
Xornada “O recurso madeireiro nos montes de Galicia: situación e mercado”. Santiago de Compostela. 27 de novembro de 2015.
Seminario “Obxectivos estratéxicos de política forestal”. Viveiro. 2 de xuño de 2016.
Mesas de traballo sobre a compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais. Vigo. 10-11 de xuño de 2016.
Xornada sobre a compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais. Vigo. 11 de xuño de 2016.
Coloquio “O porvir do eucalipto en Galicia”. Monforte de Lemos. 10 de xuño de 2017.
Coloquio “As novas normativas de incendios forestais, distancias e medioambiente”. Vilagarcía de Arousa, 26 de maio de 2018.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.