O sistema tributario español baséase nun modelo autoliquidatorio. Isto quere dicir que é o propio contribuínte, neste caso a comunidade, a encargada de presentar os modelos correspondentes a cada un dos impostos e, dese xeito, facer os ingresos pertinentes á facenda pública, de ser o caso.
Considerando a gran cantidade de modelos que pode ter que presentar unha comunidade, é obvio que a xestión destes traballos pode volverse moi complexa, o que aconsella que este traballo sexa desenvolvido por profesionais da materia ou, cando menos, asesorados por eles xa que os prazos para cumprir coas obrigas fiscais son moi estritos e, o seu incumprimento deriva en sancións económicas.
Por regra xeral, no sistema tributario español, cada un dos impostos é independente do resto, podendo ter que tributar por uns e non por outros. Nese sentido, ao longo dos últimos 20 anos veuse clarificando a situación das comunidades de montes dende o punto de vista fiscal, quedando encadradas como suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades e do IVE, coa posibilidade de poder acollerse nos dous impostos a réximes especiais que teñen menos obrigas e requisitos máis asumibles.
Aínda que o número de impostos que poden afectar ás actividades que desenvolven as comunidades de montes é moi elevado, destácanse 4:
As comunidades de montes veciñais en man común, por ser suxeito pasivo do imposto sobre sociedades, están obrigadas a levar a contabilidade segundo o establecido no Plan Xeral de Contabilidade e no Código de Comercio. Isto obriga a elaborar un libro diario de contabilidade (libro que debería ser legalizado no Rexistro Mercantil) e unhas contas anuais compostas polo balance, a conta de perdas e ganancias e a memoria. Ademais, as comunidades deben contar co soporte documental que acredite cada un dos apuntes dos libros de contabilidade.
A Xunta Reitora deberá presentar as contas do exercicio á Asemblea xeral dentro dos primeiros seis meses do ano e, no mes de xullo, deberá presentar o modelo de autoliquidación do imposto sobre sociedades (modelo 200). Por último, e de ser o caso, deberá tanto facer os pagos fraccionados que correspondan como presentar a comunicación de operacións con terceiros (modelo 347).
Con efectos a partir do ano 1999, a norma considera contribuíntes do imposto sobre sociedades ás comunidades de montes veciñais en man común segundo o establecido no seu artigo 7.1.
Esta posibilidade de reducir a base impoñible permite que, dende o ano 2008, a meirande parte das comunidades de montes de Galicia non paguen polo imposto sobre sociedades.Dentro da lei do imposto, as comunidades de montes veciñais en man común contan cun réxime especial que, como característica principal, dá a posibilidade de que a base impoñible dun exercicio se reduza no importe dos beneficios que se destinen á conservación, mellora, protección, acceso e servizos destinados ao uso social ao que o monte estea destinado, a gastos de conservación e mantemento do monte ou ao financiamento de obras de infraestrutura e servizos públicos, de interese social.
As comunidades que estean suxeitas ao réxime xeral do IVE teñen a obriga de:
Ademais, e isto para todas as comunidades, estean no Réxime Xeral ou no Réxime Especial da Agricultura, Gandería e Pesca soamente, teñen a obriga de repercutir o imposto nos seguintes casos:
Segundo a lei reguladora de facendas locais, tal e como o especifica o artigo 62 sobre exencións do IBI, estarán exentos os bens comunais e os montes veciñais en man común.
Por iso a liquidación en concepto de IBI do monte veciñal ou bens comunais é nula de pleno dereito, sendo unha exención automática, estando obrigada a Administración tributaria a actuar de oficio, sen necesidade de requirimento pola comunidade.
Nese sentido, o concello no que se sitúe a comunidade debe limitarse a corroborar se o monte veciñal cumpre os requisitos esixidos pola Lei e, de ser así, conceder a exención. Para iso, no caso de que a unha comunidade lle cobren o IBI por un terreo que é monte veciñal, deberá comunicalo ao Catastro, xustificando de forma adecuada a súa condición de monte veciñal en man común.
Ademais, é unha exención subxectiva, posto que se refire a un ben (o monte veciñal) que non debe tributar. É tamén unha exención total xa que non importa se o monte veciñal ten natureza rústica ou urbana.
Segundo o artigo 13 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, estará exento dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sendo gratuítas a primeira inscrición do monte e as cancelacións que se produzan por este motivo, de acordo co artigo 13 da Lei 55/1980.
As comunidades de montes poden repartir dividendos entre os comuneiros ao ser consideradas como entidades con ánimo de lucro. Aínda así, antes de proceder ao reparto de dividendo, é conveniente ter en conta as implicacións fiscais do mesmo:
Nalgúns casos os importes por pagos de impostos poderían verse reducidos (comuneiros con ingresos moi baixos –por debaixo de 8.000 euros ao ano- ou comunidades con moitos recursos propios e sen obrigas de reinvestimento).
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.