A Asociación Forestal de Galicia a través da súa empresa de servizos Selga, Compañía Galega de Silvicultores, S.L., ofrece aos seus asociados a posibilidade xestionar as súas propiedades forestais.
Este servizo préstase logo dun contrato de xestión entre a propiedade e Selga e implica o desenvolvemento e control dos traballos programados no proxecto de ordenación ou plan simple de xestión do monte ou montes a xestionar e comprende tres pasos fundamentais:
Recollendo as actuacións previstas no proxecto de ordenación ou plan simple de xestión ou as indicacións da propiedade, os técnicos da AFG-Selga elaborarán o plan anual de actuacións de cada monte:
No plan anual especificaranse os traballos a realizar durante o ano coas unidades de obra medidas, un orzamento orientativo e unha data prevista de execución.
Este plan anual presentarase no primeiro mes do ano e será aprobado pola propiedade.
Non se realizará ningún traballo que non estea contemplado no plan de actuacións e non conte coa conformidade da propiedade.
Os traballos extraordinarios ou urxentes serán comunicados á propiedade, que dará a súa conformidade antes do seu inicio ou contratación e estudarase a forma de acometelos o máis rápido posible.
Revisarase o plan de actuacións trimestral ou semestralmente, en función dos traballos programados e resultados obtidos.
Para a execución de cada unidade de obra detallada no plan anual de actuacións solicitarase orzamento detallado a varias empresas. A empresa contratista indicará os prezos unitarios e os de cada unidade de obra. Non se aprobará ningún orzamento que non contemple os prezos unitarios dos traballos (a propiedade resérvase o dereito de solicitar outros orzamentos)..
Aprobado pola propiedade o orzamento, redactarase un contrato entre a empresa contratista e a propiedade para a execución dos traballos. Non se iniciarán os traballos ata que o contrato estea asinado.
Antes de comezar os traballos, AFG-Selga indicará á empresa contratada as características das obras e traballos e resolverá as dúbidas que se puideran formular. Para a correcta execución dos traballos, técnicos da AFG-Selga efectuarán visitas de supervisión, ben por indicación da propiedade, ben porque a complexidade dos traballos o requira.
A empresa que realice os traballos comunicará á propiedade e a AFG-Selga o comezo dos mesmos e técnicos da AFG-Selga poderán estar presentes ao comezo da obra se se considera necesario.
Unha vez finalizados os traballos, técnicos da AFG-Selga recoñecerán en monte as obras e actuacións executadas, realizarán as medicións necesarias e a valoración da calidade dos traballos realizados.
Recoñecido o traballo polo técnico da AFG-Selga, emitirase certificación de final de obra. Esta certificación incluirá:
A certificación de final de traballos será enviada por AFG-SELGA á propiedade para recibir a súa conformidade.
Unha vez recibida a conformidade da propiedade, a empresa facturará o realmente executado de acordo coa certificación practicada e cos prezos unitarios establecidos no orzamento aprobado.
As certificacións poderanse realizar mensualmente ou pola totalidade do traballo, en función da superficie de actuación.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.