No caso de declararse un monte veciñal en man común en situación xurídica de inexistencia, extinción ou desaparición da comunidade de veciños titular do monte, a consellería competente en materia de montes ofrecerá a xestión cautelar deste ao concello onde se atope o monte. Se o concello renuncia, o monte será xestionado preventivamente pola consellería competente en materia de montes ata que se reconstitúa a comunidade.
Non caso de declararse un monte veciñal en man común en situación de grave abandono ou degradación, a consellería competente en materia de montes remitirá a declaración ao Banco de Terras de Galicia, co fin de que a entidade xestora poida ceder o seu uso e aproveitamento a iniciativas do sector privado. Nesta cesión darase prioridade ás agrupacións nas que participen persoas comuneiras do monte veciñal afectado ou a outras comunidades de montes veciñais que teñan acreditada a adecuada xestión dos seus montes e estean rexistradas no Rexistro de Silvicultores Activos.
Aqueles montes respecto dos cales a entidade xestora do Banco de Terras de Galicia informe de que non existe iniciativa do sector privado para efectuar a xestión, pasarán tamén a ser xestionados de forma cautelar pola consellería competente en materia de montes a través do órgano forestal.
A xestión cautelar, en todo caso, pode ser levada a cabo polos propios órganos da consellería competente en materia de montes, ou por sociedades instrumentais do sector público autonómico.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.
