Os obxectivos dunha repoboación forestal poden ser moi variados e na meirande parte dos casos, acádanse varios obxectivos á vez xa que a masa arborizada poderá proporcionar produtos e servizos variados: madeira, cogomelos, recreo, etc. e favorecer a conservación de ecosistemas, mellorar a paisaxe e os hábitats para a fauna, reducir o risco de erosión, etc.
A rendibilidade dunha repoboación (económica, ecolóxica…) é fundamental para garantir a conservación da mesma.
Para a toma de decisións necesaria á hora de executar unha repoboación o propietario forestal debe contar coa información técnica necesaria que permita unha elección acertada da especie a implantar, métodos de preparación máis apropiados e compatibles coa protección do medio, entre outros.
Un proxecto de repoboación forestal é un documento técnico que desenvolve e detalla as obras a realizar para a instalación dunha plantación no monte, de xeito que o seguemento do mesmo permita a execución das obras necesarias.
Con carácter xeral todo proxecto de repoboación forestal componse de:
SELGA, Compañía Galega de Silvicultores, S.L., a empresa da Asociación Forestal de Galicia, a través da que se prestan en exclusiva os servizos que os socios solicitan, conta cun equipo de profesionais que acumula unha experiencia de 20 anos na elaboración de proxectos de repoboación e ofrece a mellor relación calidade/prezo.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.