Tal como establece o artigo 32 do Decreto 260/1992, a comunidade pode exercer “a administración, goce e disposición dos seus montes, e terá plena capacidade xurídica para o cumprimento dos seus fins, incluído o exercicio, tanto en vía xudicial como administrativa, de tódalas accións que sexan necesarias para a defensa dos seus específicos intereses”. Esta capacidade xurídica plena tamén está recoñecida no artigo 4 da lei de montes de Galicia.
A posibilidade de que as comunidades de montes contasen con personalidade xurídica deu para un largo debate no pasado, habendo consideracións tanto a favor como en contra. O lexislador optou por seguir o criterio establecido na norma estatal[1], onde se consideran entidades con capacidade xurídica plena para desenvolver o seu obxecto social, pero sen personalidade xurídica.
Polo tanto, e a modo de conclusión, unha comunidade de montes non debería participar en ningunha actividade que non se poida vincular de forma directa coa xestión e defensa dos recursos do monte veciñal.
No caso de participar en negocios xurídicos para os que non está facultada unha comunidade de montes, o seu presidente podería estar asumindo un alto risco de cometer algunha infracción grave, aínda contando co respaldo da Asemblea Xeral.
—
[1] Ley 55/1980, de Montes Vecinales en Mano Común.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.
