Unha vez que un monte queda clasificado como veciñal en man común, constituirase unha Xunta provisional escollida polos veciños. A partir dese momento, debe aplicarse un procedemento que ten que rematar coa formalización da comunidade a todos os efectos. Ese procedemento conta, de forma abreviada, cos seguintes pasos:
No prazo de 1 ano deberán aprobarse os estatutos e nomearse a Xunta Reitora, que substituirá á Xunta Provisional.
A consecuencia da falta de relevo á fronte dunha comunidade de montes, esta podería chegar a extinguirse ou desaparecer. Esta situación está contemplada na propia lexislación, podendo ser necesario levar a cabo unha xestión cautelar por parte da Administración forestal. Incluso chegados a que teña que darse esa xestión cautelar, sempre existirá a posibilidade de que os veciños recuperen a xestión do monte mediante a constitución dunha nova Xunta Provisional que poida solicitar de novo a xestión do monte veciñal. Para o reinicio da actividade dunha comunidade veciñal que se extinguira ou desaparecera no pasado, deberán cumprirse os seguintes requisitos:
Os libros que necesariamente debe levar unha comunidade son tres:
Debido aos numerosos trámites administrativos e doutra índole que deben levar a cabo as comunidades de montes veciñais en man común, resulta de vital importancia contar con todos os documentos precisos para a súa realización.
Ademais, todos estes documentos deben estar convenientemente arquivados para a súa doada localización cando sexan requiridos por calquera circunstancia.
Existe a obriga de gardar toda a documentación relacionada coas obrigas fiscais dunha comunidade de montes durante un período de 4 anos a contar dende o día último de presentación voluntaria da autoliquidación que corresponda (IVE, imposto sobre sociedades…).
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.
