As comunidades de montes poden aproveitar os recursos que se xeran no monte tanto de xeito directo como cedendo o goce dos mesmos a terceiras persoas. Neste último caso, a comunidade aparece coma un suxeito máis dentro do tráfico mercantil, véndose obrigada a subscribir contratos co resto de axentes, cuestión para a que ten plena capacidade de obrar. É dicir, as comunidades de montes contan con capacidade de contraer legalmente dereitos e obrigas con terceiros.
A decisión de subscribir estes contratos é da Asemblea Xeral, quen ademais deberá de aprobar os seus condicionantes, respectando sempre as maiorías esixidas na normativa en vigor e nos seus estatutos. Entre as diversas cuestións que deben ser acordadas pola Asemblea Xeral, pódese destacar tanto a duración do contrato como o tipo de contraprestación a recibir por esa cesión.
Nos estatutos da comunidade tamén pode quedar modulado o xeito en que a mesma se organiza para operar no tráfico mercantil. Non poderá esixirse á comunidade o establecido en calquera contrato se se subscribiu sen respectar o marcado nos estatutos ou se se excede o alí establecido. Nestes casos, o terceiro afectado podería, de ser o caso, pedir danos e prexuízos aos membros da comunidade que fixeran ese contrato que non se axustase aos seus estatutos.
Agora ben, como consecuencia das características propias dos montes veciñais en man común, e en concreto a súa inalienabilidade ou intransmisibilidade, a lexislación reguladora dos montes veciñais sinala que tipo de contratos poden subscribir as comunidades de montes e que son os seguintes:
Por outra parte, existen tres excepcións previstas legalmente á inalienabilidade dos montes veciñais:
Por último, tamén pode darse o caso de que existan ocupacións e servidumes no monte veciñal que limiten a libre disposición do mesmo para o resto de comuneiros.
Todos os actos de disposición deben ser aprobados en Asemblea Xeral, en convocatoria expresa e con maioría cualificada, precisando o voto favorable da maioría dos presentes e sempre que eses votos favorables representen, polo menos, o 50 % do censo de comuneiros en primeira convocatoria ou o 30 % en segunda.
Os actos de disposición estarán sempre formalizados en escritura pública, remitíndose copia da mesma á sección provincial do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, xunto coa documentación que sexa precisa (licenza de obras, autorización, etc.).
É imprescindible achegar plano topográfico da superficie que se vaia a ceder, con perfecta identificación das estremas da parcela ou parcelas.
É preciso tamén incluír nos contratos de cesión, dereito de superficie ou arrendamento, unha cláusula que esixa á outra parte a subscrición dun seguro de responsabilidade civil que cubra amplamente os danos e prexuízos que poida causar a actividade que se vaia a desenvolver na parcela tanto á comunidade propietaria como a terceiros.
Os actos de cesión, permuta, servidume, expropiación e dereitos de superficie poden inscribirse no Rexistro da Propiedade
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.
