Conseguir unha madeira de calidade depende de moitos factores que comezan cando eliximos o sitio da plantación, a especie, a planta, o método de plantación… pero, fundamentalmente, de levar a cabo un programa de podas axeitado. Podar no momento oportuno, na época axeitada, cunha ferramenta apropiada e cuns cortes ben dados é fundamental para producir boa madeira de calquera especie.
Pódense consultar os seguintes videotitoriais que resumen as técnicas da poda en coníferas e en frondosas:
Videotitorial sobre poda de coníferas en galego nitens en castellano
Videotitorial sobre poda de frondosas en galego nitens en castellano
Videotitorial sobre poda de castiñeiro para froito en galego nitens en castellano
Ata hai uns anos aceptábase como época axeitada e xeneralizada para podar os meses do inverno. Nos últimos anos a investigación constatou que non sempre esta época era a mellor, de feito, case para todas as especies forestais é moito máis axeitada unha época diferente. As podas no inverno, e nunha época húmida en xeral, teñen o risco de que os cortes quedan abertos ata que na primavera coa subida do zume comezan, a pechar, co que se expón a árbore durante moito tempo a que pola ferida penetren todo tipo de patóxenos. Esta é a razón principal pola que se recomenda retraer a poda a épocas máis benignas.
Especie | Época de poda |
Bidueiro (Betula sp.) | Entre maio e agosto |
Carballo americano (Quercus rubra) | Finais do inverno xusto antes de que abrolle ou ben en xullo e agosto |
Carballo do país (Quercus robur) | Entre xullo e agosto |
Castiñeiro (Castanea sp.) | Cando comeza a abrollar, entre o 15 de marzo e o 15 de abril |
Cerdeira (Prunus sp.) | Entre xuño e xullo |
Chopo (Populus sp.) | Inverno, e repaso de ladróns no verán |
Eucalipto (Eucalyptus sp.) | Preferiblemente na primavera |
Freixo (Fraxinus sp.) | Entre xuño e agosto |
Nogueira (Juglans sp.) | Mediados de xuño-mediados de xullo, na primavera antes de abrollar ou incluso en agosto ou setembro |
Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii) | Verán |
Piñeiro do país (Pinus pinaster) | Con tempo seco nos meses de calor |
Piñeiro insigne (Pinus radiata) | Con tempo seco nos meses de calor |
Pradairo (Acer sp.) | Inverno, primavera ou verán |
Sequoia (Sequoia sp.) | Verán |
Ao longo da quenda de produción dunha especie, hai que levar a cabo dous tipos de podas: a poda de formación nos 10 primeiros anos e a poda de calidade, que pode rematar aos 20 anos nalgunhas especies.
Os obxectivos da poda de formación son:
Os obxectivos da poda de calidade son:
Para isto hai que facer sempre:
Tan necesario é podar como non podar en demasía. Como norma xeral recoméndase que ten que estar podado 1/3 da altura da árbore. A poda excesiva ocasiona a ralentización do crecemento da árbore (ao deixala sen moita folla ten máis dificultades para alimentarse) e nalgunhas especies provoca a aparición de rebentos epicórmicos na parte do tronco podado.
Unha das claves dunha boa poda é facela no momento oportuno, en pólas que teñan menos de 3 centímetros de diámetro. Podar pólas que excedan de 5 cm de diámetro na inserción do tronco non ten moito sentido, xa que o dano que produciu na madeira xa non ten solución co que o único que se consegue é gastar cartos e esforzos sen ningún resultado positivo.
We use technologies such as cookies to improve the operation of the website and to collect anonymous usage statistics. By accepting cookies, you voluntarily accept the processing of your data. This also includes, for a limited time, your consent in accordance with Article 49 (1) (a) GDPR for data processing outside the EEA, for example in the USA. USA In these countries, despite a careful selection and obligation of service providers, the high European level of data protection cannot be guaranteed. If the data is transferred to the US U.S., there is, for example, the risk of the US authorities USA process this data with control and supervision fines without effective legal remedies being available or without being able to assert all the rights of the interested party. You can revoke your consent at any time.