Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro, a Asociación Forestal de Galicia organiza un taller de poda de castiñeiro para a produción de froito.
A cita será sábado 1 de xullo ás 10 h na entrada no monte demostrativo do Pico Sacro que se pode localizar neste enlace.
Inscrición
O taller é gratuíto, pero todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán comunicalo previamente á oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).