O 19 e 20 de marzo celebrarase o Encontro científico-técnico sobre montes de piñeiro pinaster. Un foro de debate entre científicos e profesionais da xestión forestal co obxectivo de contribuír á mellora destes montes en Galicia e Portugal.
Un grupo de trinta e seis expertos, científicos e profesionais da xestión forestal, analizarán conxuntamente durante dúas xornadas os temas máis relevantes que afectan a silvicultura e xestión dos montes de piñeiro pinaster.
Os relatorios e debates que se desenvolvan durante o encontro serán transmitidos mediante videoconferencia. Para seguilos, as persoas interesadas poden inscribirse na Fundación Arume (arume@fundacionarume.gal) ou na oficina principal da Asociación Forestal de Galicia en Santiago de Compostela (afg@asociacionforestal.org).