Xornadas sobre o castiñeiro en Boimorto
Os vindeiros 10 e 11 de abril, a Casa da Cultura de Boimorto acollerá as Xornadas sobre o Castiñeiro 2026 organizadas polo Concello desta localidade coruñesa.
O programa arrinca o venres 10 pola tarde. Especialistas de distintas universidades e entidades abordarán temas fundamentais, como son: o papel das abellas na polinización, a loita contra a podremia da castaña e a tinta, o impacto do cambio climático, o potencial económico da flor e os últimos avances en rega de precisión con hidroinfiltrador. A xornada pecharase cunha degustación de produtos derivados de la castaña.
Sábado 11 será unha sesión práctica dedicada a visitar os soutos para ver a colocación de sistemas de rega e identificar os síntomas de estrés da árbore directamente sobre o terreo.
O prezo da actividade será de 10 € por persoa que se deben ingresar na conta do concello ES09 2080 0336 7431 1000 0079. Unha vez feito o ingreso deberase enviar o xustificante de pago para a adxudicación da praza o correo: cultura@boimorto.es ou no propio concello, indicando o nome e apelidos da persoa participante. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar aforo. O número mínimo de participantes será de 50 persoas.
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse chamando ao teléfono 981 516 020.
Pódese descargar o programa neste enlace.

