Xornada sobre o patrimonio cultural e a biodiversidade como servizos do ecosistema
Dentro das actividades formativas do Monte demostrativo de Mouriscados no concello pontevedrés de Mouriscados, a Asociación Forestal de Galicia organiza unha xornada sobre o patrimonio cultural e a biodiversidade como servizos do ecosistema.
O programa da sesión será o seguinte:
17:00-17:30 h.- Presentación da Plataforma Melhor Floresta. Lurdes Barbosa, Departamento de Formação e Apoio a Associados de Forestis (Portugal).
17:30-18:15 h.- Xestión forestal sostible e patrimonio cultural nos montes veciñais. Xosé Covelo, enxeñeiro de Montes, director da AFG.
18:45-20 h.- Visita guiada á necrópole da Chan de San Tomé. Alberte Reboreda, arqueólogo.
Esta xornada é gratuíta e terá lugar xoves 30 de abril ás 17:00 horas no Centro Cultural de Mouriscados (Mondariz).
Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto previo coa oficina da AFG en Santiago (teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, correo electrónico: afg@asociacionforestal.org).

