Viaxe a Portugal para coñecer a industria do eucalipto
Os días 7 e 8 de maio un grupo de 50 persoas asociadas á Asociación Forestal de Galicia participaron nunha visita organizada pola empresa lusa Navigator para coñecer algunhas das instalacións desta compañía en Portugal.
O primeiro día visitouse unha propiedade forestal xestionada pola empresa preto de Maia e o Instituto de Investigação da Floresta e Papel, situado preto de Aveiro. O grupo tivo ocasión de coñecer a xestión forestal realizada polo persoal técnico de Navigator e a investigación en mellora xenética, propagación vexetal e técnicas de análise da estación forestal.
O segundo día visitaron a fábrica de papel de Navigator en Figueira da Foz, onde se produce papel de escritura, tisú, embalaxe e pasta moldeada e a de Cacia (Aveiro) dedicada á produción de papel tisú e pasta moldeada de uso en alimentación.
Nestas visitas tiveron a oportunidade ver o proceso industrial, dende a entrada da madeira ata o produto final, e contaron coas explicacións detalladas dos técnicos da empresa.










