Últimos cursos sobre agrupacións forestais de xestión conxunta
A Asociación Forestal de Galicia organiza os sete últimos cursos de formación deste ano sobre agrupacións forestais de xestión conxunta, dirixidos a persoas propietarias e xestoras de montes, traballadoras do sector forestal e público interesado en xeral.
Os cursos terán lugar en:
- Ponteareas: Centro Cultural Xinzo, mércores 5 de novembro ás 16:30 h. Será a continuación do celebrado o 23 de outubro.
- Salceda de Caselas: Centro Cultural de Picoña, mércores 5 de novembro ás 19 h. Será a continuación do celebrado o pasado 20 de maio.
- Caldas de Reis: Centro Social As Goletas (Saiar), xoves 6 de novembro ás 19 h.
- Arbo: Antigas escolas de Sela (A Granxa), venres 7 de novembro ás 19 h.
- Ponteceso: Local Social da Asociación Nosa Señora do Faro (Brantuas), martes 11 de novembro ás 19 h.
- Barreiros: Escola de Celeiro de Mariñaos (O Carballo Branco), mércores 12 de novembro ás 19 h.
- Redondela: Antiga escola de Tuimil (O Viso), xoves 13 de novembro ás 19 h.
As persoas interesadas en asistir poden comunicalo respondendo a este correo ou chamando aos teléfonos 981 564 011 ou 618 752 214, indicando o nome completo e o número de teléfono.
Estes cursos están financiados pola Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).


