Últimos cursos do programa de formación 2020
A Asociación Forestal de Galicia, continúa co seu programa formativo para o verán e outono 2020 patrocinado por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, con éxito ata o momento. A pasada semana o director de XERA, Ignacio Lema Piñeiro, inaugurou o curso sobre certificación forestal que foi impartido no IES de Arzúa.
O programa formativo continuará a desenvolverse esta semana en Vigo dous cursos de prevención de riscos e uso de maquinaria forestal. Serán en Coruxo (martes 20, local da Comunidade de Montes de Coruxo, subida de San Sebastián 21), en Zamáns o xoves 22 (nave da Comunidade de Montes de Zamáns) e o 28 de outubro en Mos (Pazo de Mos).
A actividade vai dirixida tanto a traballadores/as das comunidades de montes como a profesionais do sector forestal. O obxectivo do curso, que se desenvolverá en xornada continua desde primeira hora da mañá, é explicar cuestións prácticas a ter en conta nos traballos en monte para reducir os riscos de accidentes.
Os cursos son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do enderezo electrónico afg@asociacionforestal.org, ben nos teléfonos 986 660 864, 981 564 011 ou 618 752 214. De cara a garantir a prevención de riscos, haberá xel hidroalcohólico a disposición dos asistentes e manteranse as distancias de seguridade e o uso obrigado da máscara.