Talleres de poda forestal
A Asociación Forestal de Galicia inicia o seu programa de formación anual dirixido a formar aos propietarios e xestores forestais, incluídos os comuneiros das comunidades de montes e os membros das súa xuntas reitoras, así como ao público en xeral interesado nos temas abordados.
Dentro deste programa, durante os meses de xullo e agosto de 2020 vanse impartir catro talleres sobre técnicas de poda forestal cos que se pretende formar neste traballo fundamental para a produción de madeira de alta calidade.
Os talleres desenvolveranse íntegramente no medio forestal e constarán dunhas exposicións teóricas nas que se explicarán os fundamentos e as características da poda forestal e outras prácticas nas que se presentan os equipos e ferramentas de poda e na que as persoas participantes poderán facer as prácticas a escala real.
Terán horario de tarde e impartiranse nos seguintes concellos:
Salceda de Caselas, 30 de xullo de 2020
Boqueixón, 5 de agosto de 2020
A asistencia é gratuíta pero requírese inscrición previa nos teléfonos 981 564 011, 981 569 140, 618 752 214 ou no enderezo afg@asociacionforestal.org. Os grupos serán reducidos