
As comunidades de montes demandan unha simplificación dos permisos de corta na zona demarcada polo nematodo
O sector forestal está preocupado polos retrasos que se producen con frecuencia na corta de piñeiros secos, decaídos ou queimados que están na zona demarcada polo nematado. Estas árbores, que poden favorecer a expansión da praga do nematodo, deben cortarse con urxencia tras a súa detección, pero a burocracia está a retrasar parte das cortas durante varios meses.