Arquivos de etiquetas: incendios

As asociacións da cadea forestal traballan xuntas para conseguir unha nova lei de incendios eficaz e de consenso

As asociacións representativas do sector forestal que participaron na reunión celebrada o pasado xoves, 1 de outubro, están traballando conxuntamente na análise do borrador do anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia, co o obxectivo de achegar propostas que contribúan a mellorar a futura normativa e reforzar a súa eficacia. O […]

Recomendacións sanitarias en caso de incendio forestal

O Ministerio de Sanidade publicou recentemente unha guía con recomendacións sanitarias para actuar en caso de incendios forestais. Nela, de maneira resumida e clara debulla as pautas que deben seguirse no caso de atoparse preto dun incendio forestal. Entre as múltiples recomendacións, salientamos: Manter a calma, evitando situacións de medo e pánico. Permanecer en interiores […]

Instrucións para traballos no monte con alto risco de incendio

A Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo. A realización de traballos e actividades de carácter preventivo, silvícola ou agrícola no monte […]

Publicación dunha nova píldora técnica do proxecto Ash4soil

Nas últimas semanas publicáronse dúas píldoras técnicas sobre o traballo do proxecto Ash4soil no que a AFG participa a través da súa empresa Selga, Compañía Galega de Silvicultores S.L. A primeira delas é a da empresa de fertilizantes Aresa e a segunda da propia Selga. Nesta última Braulio Molina explica cal é a finalidade da […]

Reunión co director xeral de Defensa do Monte

O pasado 23 de abril unha representación da Xunta de Goberno da Asociación Forestal de Galicia e o seu director técnico, mantiveron unha xuntanza co director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco Gutiérrez, a primeira desde o nomeamento deste. Nesta xuntanza abordáronse varios asuntos de preocupación para as persoas propietarias forestais tales como a […]

Consideracións sobre os incendios forestais

A raíz da vaga de incendios do pasado verán, a Xunta de Goberno da Asociación Forestal de Galicia (AFG), unha vez, calmada e arrefriada a situación, mantivo unha reunión para debater sobre o tema. Como punto de partida tomouse o informe “O problema actual dos incendios forestais en Galicia” que editara a AFG no ano […]

  • 1
  • 2
    Oficinas centráis
    Rúa do Vilar, nº 33, 1º 15705 Santiago de Compostela
    981 564 011
    Oficinas Xinzo-Ponteareas
    Centro Cultural Xinzo, Portela, nº 34, 36891 Ponteareas.
    986 660 864