Arquivos de etiquetas: asemblea

Renovación da xunta de goberno da AFG

Tras a asemblea ordinaria da Asociación Forestal de Galicia, celebrada na mañá do sábado 26 de abril en Mos (Pontevedra), á tarde celebrouse unha asemblea extraordinaria para a elección dunha nova xunta de goberno da Asociación Forestal de Galicia para un período de catro anos. Á fronte da xunta continúa como presidente Antonio Rigueiro, que […]

Celebradas con éxito as asembleas xerais da AFG en Torroso (Mos)

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) celebrou na mañá deste sábado 26 de abril en Mos (Pontevedra) a súa asemblea ordinaria anual, na que se aprobou unha resolución pola que se solicita a posta en marcha dunha normativa específica para a ordenación sostible do eucalipto. A proposta da AFG é que esa futura normativa se […]

Asembleas xerais da AFG en Mos

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) convocou hai unhas semanas a súa XXXVIII Asemblea xeral que se vai celebrar no Centro Recreativo e Cultural de Torroso, no concello pontevedrés de Mos. Ese mesmo día pola tarde está tamén convocada unha asemblea xeral extraordinaria para elixir á Xunta de Goberno que dirixirá a Asociación Forestal de […]

XXXVII Asemblea xeral da AFG

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) celebrou o 27 de abril a súa XXXVII Asemblea Xeral en Guitiriz (Lugo), nun acto ao que acudiron propietarios forestais e representantes de comunidades de montes veciñais de toda Galicia. A Asemblea serviu para facer balance da actividade da Asociación no último ano, así como das liñas de traballo […]

A Asociación Forestal de Galicia inicia a creación dunha serie de agrupacións de xestión conxunta do monte para garantir a sostibilidade

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) celebrou sábado 29 de abril a súa XXXVI Asemblea Xeral no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña), un acto ó que acudiron propietarios forestais e representantes de comunidades de montes veciñais de toda Galicia. A Asemblea serviu para facer balance da actividade da Asociación no último ano, así como […]

Antonio Rigueiro toma o relevo de Francisco Fernández de Ana Magán como presidente da Asociación Forestal de Galicia

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) celebrou sábado 6 de novembro a súa XXXIV Asemblea Xeral Ordinaria no Pazo de Cultura de Pontevedra, un acto que decidiu celebrar na capital do Lérez en recoñecemento ao seu presidente saínte, Francisco Fernández de Ana Magán, que de sempre estivo vinculado persoal e profesionalmente coa comarca de Pontevedra. […]

Os propietarios forestais avogan por unha revisión da normativa de prevención de incendios que mellore a seguridade pública

A Asociación Forestal de Galicia, que celebrou hoxe en Forcarei a súa XXXIII Asemblea Xeral, acordou unha serie de propostas para a revisión da normativa de prevención de incendios. Os propietarios forestais avogan por unha normativa realista, que sexa posible aplicar na práctica, e que sirva para mellorar a seguridade pública. Ao longo dos próximos […]

    Oficinas centráis
    Rúa do Vilar, nº 33, 1º 15705 Santiago de Compostela
    981 564 011
    Oficinas Xinzo-Ponteareas
    Centro Cultural Xinzo, Portela, nº 34, 36891 Ponteareas.
    986 660 864