Seminario técnico Sanidade e mellora dos montes de ‘Pinus pinaster’
Dentro do Grupo Operativo PLANFORLAB no que participa a Asociación Forestal de Galicia, o mércores 21 de outubro celebrarase o seminario técnico Sanidade e mellora dos montes de Pinus pinaster no Centro Cultural Xinzo en Ponteareas.
Neste seminario abordarase a situación actual dos piñeirais, a mellora xenética, os retos da silvicultura e a demanda de madeira.
A sesión será inaugurada pola directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, María Luisa Piñeiro e o presidente da AFG, Antonio Rigueiro, e nel participarán investigadores, representantes das persoas propietarias forestais de Galicia e Portugal e empresarios relacionados coa industria do piñeiro.
O programa do seminario pódese consultar neste enlace.
Todas as persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente a través deste formulario. A asistencia é gratuíta.
Animamos a participar a todas as persoas silvicultoras e comunidades de montes veciñais en man común interesadas no cultivo do piñeiro. É unha moi boa oportunidade poder escoitar a un grupo de especialistas coma os que se reúnen neste seminario.
O GO PLANFORLAB conta co financiamento de fondos FEADER coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
O obxectivo final é impactar de forma positiva na economía do piñeiro que é un sector estratéxico e fonte de emprego e recursos.
ENTIDADES SOCIAS DE PLANFORLAB
Coordinado por la Asociación Forestal de Galicia (AFG), PLANFORLAB conta coa participación da Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (COSE), a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), a Federación de Asociaciones Forestales de Castilla y León (FAFCYLE), a Confederación de Forestalistas del País Vasco (CFPV), a Empresa de Transformación Agraria S.A. S.M.E., M.P. (TRAGSA), a Agencia Gallega de Calidad Alimentaria – Centro de Investigación Forestal de Lourizán, o Centro tecnolóxico NEIKER, a Fundación General de la Universidad de Valladolid (FUNGE UVa) y o Instituto de Ciencias Forestales do INIA-CSIC.
FINANCIAMENTO
O proxecto PLANFORLAB está enmarcado no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). A Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das anteditas axudas. Orzamento total do proxecto: 599 134,22 €. Subvención total: 599 134,22 €.


