Seminario técnico do Grupo Operativo PLANFORLAB
O 5 de febreiro participamos no Seminario técnico do Grupo Operativo PLANFORLAB, sobre a mellora dos piñeirais españois na sede do Instituto Nacional de Investigación Agraria (INIA) en Madrid.
Pola tarde o grupo que participou fixo unha visita guiada ao Centro Nacional de Recursos Genéticos Forestales.
O GO PLANFORLAB conta co financiamento de fondos FEADER coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
O obxectivo deste proxecto é mellorar a saúde e a produtividade dos montes españois de coníferas mediante a mellora xenética e a silvicultura adaptativa.
Estanse poñendo en marcha tres montes laboratorio en Galicia, Euskadi y Castela e León, co obxecto de contar con espazos para a experimentación, aprendizaxe e investigación.
Agárdase lograr unha maior resistencia a pragas e enfermidades, a adaptación ao cambio climático, a través de modelos silvícolas que optimicen o crecemento e a estabilidade dos bosques, a mellora da calidade da madeira e o desenvolvemento de material xenético innovador, mediante la produción de novas plantas melloradas de Pinus pinaster, Pinus radiata e Pinus sylvestris.
A rede de bosques laboratorio PLANFORLAB ofrecerá a centros tecnolóxicos, persoas silvicultoras e xestoras forestais e axentes do sector, información sobre a eficacia do material xenético instalado e das prácticas silvícolas adaptativas practicadas.
Asemade PLANFORLAB creará unha rede dixital para intercambiar experiencias innovadoras e transferir resultados sobre mellora xenética da planta forestal e estratexias contra enfermidades e pragas que afectan os bosques de coníferas.
O obxectivo final é impactar de forma positiva na economía do piñeiro que é un sector estratéxico e fonte de emprego e recursos.
ENTIDADES SOCIAS DE PLANFORLAB
Coordinado por la Asociación Forestal de Galicia (AFG), PLANFORLAB conta coa participación da Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (COSE), a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), a Federación de Asociaciones Forestales de Castilla y León (FAFCYLE), a Confederación de Forestalistas del País Vasco (CFPV), a Empresa de Transformación Agraria S.A. S.M.E., M.P. (TRAGSA), a Agencia Gallega de Calidad Alimentaria – Centro de Investigación Forestal de Lourizán, o Centro tecnolóxico NEIKER, a Fundación General de la Universidad de Valladolid (FUNGE UVa) y o Instituto de Ciencias Forestales do INIA-CSIC.
FINANCIAMENTO
O proxecto PLANFORLAB está enmarcado no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). A Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das anteditas axudas. Orzamento total do proxecto: 599 134,22 €. Subvención total: 599 134,22 €.


