Seminario de clausura do proxecto ForManRisk
Martes 28 de marzo de 10 a 12.30 h terá lugar por videoconferencia o seminario final do proxecto de cooperación transfronteiriza Interreg Sudoe ForManRisk no que participa a Asociación Forestal de Galicia. Neste seminario presentarase o traballo feito polos diferentes socios do proxecto, a guía de boas prácticas recompiladas e as conclusións do mesmo. Pódese consultar o programa do seminario neste enlace.
A sesión é aberta a todas aquelas persoas que desexen asistir, previa inscrición neste formulario e contará con tradución simultánea ao castelán, portugués e francés.
O acceso ao seminario será a través do enlace que se enviará ao enderezo de correo que se facilite ao facer a inscrición. Recoméndase acceder á videoconferencia uns 10 minutos antes do inicio da sesión co micrófono e a cámara web apagados e introducindo o nome completo e a empresa ou institución á que se pertenece (no caso das persoas asociadas á AFG pódese indicar o nome completo ou as siglas da asociación).
Ao entrar haberá posibilidade de escoller o idioma ou non escoller ningún e escoitar a cada persoa que intervén na súa língua orixinaria.
As preguntas deberán formularse no chat dispoñible e serán atendidas ao final do seminario.
En caso de incidencia, na oficina da Asociación Forestal de Galicia en Santiago de Compostela (981 564 011 ou 618 752 214) intentarase dar solución.
¡¡Anímese a participar!!
O proxecto ForManRisk está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Interreg V-B Europa Suroccidental (SUDOE 2014-2020) e nel participan como socios: Office National des Forêts (ONF), líder do proxecto; Institut Méditerranéen du Liège (IML); Institut National de Recherche pour l’Agriculture, l’Alimentation et l’Environnement (INRAE); Gistree, Sistemas de Informação Geográfica, Floresta e Ambiente, Lda. (Gistree); Sociedad Aragonesa de Gestión Agroambiental (SARGA); Consorci Centre de Ciència i Tecnologia Forestal de Catalunya (CTFC); Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro (UTAD) e Asociación Forestal de Galicia (AFG).