Seminario “Bioeconomía forestal en tempos desafiantes”
O 20 de xuño, de 10.30 h a 18.30 h terá lugar o seminario internacional Bioeconomía forestal en tempos desafiantes: tecnoloxías, mercados e políticas, enmarcado no proxecto BIOTECFOR+.
A bioeconomía forestal perfílase como unha área dinámica e prometedora para o desenvolvemento económico, social e ambiental dos países, en particular en casos como o de Portugal e España onde existen importantes áreas forestais e onde localmente se poden aproveitar os seus recursos de forma sostible para impulsar o crecemento económico, promover a conservación do medio ambiente e facer fronte aos desafíos urxentes do noso tempo. Este enfoque innovador inevitablemente terá que integrar varios aspectos e elementos que están interconectados, incluíndo tecnoloxías avanzadas, dinámicas de mercado e prácticas sostibles, enmarcadas en políticas que teñan en conta a valorización de produtos e servizos comerciables como o mercado de carbono e os servizos ecosistémicos.
En tempos desafiantes para as sociedades, a bioeconomía forestal preséntase como unha área de desenvolvemento atraínte e transformadora, apuntándonos a un futuro cheo de expectativa, innovación, entusiasmo e tamén certa incerteza propia de épocas de cambio que tamén son épocas de oportunidades, como novos mercados para os produtos e servizos derivados do bosque.
Ao aproveitar as tecnoloxías avanzadas, as oportunidades do mercado e adoptar prácticas sostibles, a bioeconomía forestal pode achanzar o camiño para un futuro máis sostible e próspero, no que os bosques sirvan como base para unha próspera economía de base biolóxica.
Convidámoslles a participar e debater estes temas no seminario Bioeconomía forestal en tempos desafiantes: tecnoloxías, mercados e políticas, realizado o 20 de xuño na Fundación Cupertino de Miranda, en Oporto.
Folla de inscrición (gratuíta)