Roza das redes de prevención de incendios
A Consellería do Medio Rural publicou unha resolución relativa a obriga de manter rozadas as redes secundarias de xestión de biomasa establecidas na lei de prevención de incendios forestais.
- Prazo para rozar as redes secundarias: prorrógase ata o 16 de xullo de 2020 inclusive.
- Permiso de desprazamento: As persoas que se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda as leiras en que van levar a cabo as ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais, deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado.
- Pode consultar o texto completo da resolución aquí.
Redes secundarias de xestión de biomasa a manter rozadas, unha franxa de 50 metros:
- Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
- Ao redor das edificacións destinadas ás persoas, vivendas illadas, urbanizacións, vertedeoiros, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.
- Ao redor das edificacións illadas destinadas ás persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros non poderá haber árbores das seguintes especies: Pinus pinaster (piñeiro do país), Pinus sylvestris (piñeiro silvestre), Pinus radiata (piñeiro de Monterrei), Pseudotsuga menziesii (piñeiro de Oregón), Acacia dealbata (mimosa), Acacia melanoxylum (acacia negra), Eucalyptus spp. (eucalipto), Calluna vulgaris (queiruga), Chamaespartium tridentatum (carqueixa), Cytisus spp. (xesta), Erica spp. (uz, carpaza), Genista spp. (xesta, piorno), Pteridium aquilinum (fento), Rubus spp. (silva), Ulex europaeus (toxo).
As distancias mediranse, segundo os casos:
- Desde o límite do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
- Desde os paramentos exteriores das edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, ou os límites das súas instalacións anexas.
- Desde o límite das instalacións no caso dos depósitos de lixo, gasolineiras e parques e instalacións industriais.
- Desde o peche perimetral no caso dos cámpings.
De efectuar algunha saída por este motivo, hai que ter en conta que son de obrigado cumprimento as medidas de prevención e protección establecidas para conter o COVID-19.