Representantes do sector forestal reúnense coa directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal
O 28 de xullo un grupo de 6 persoas representantes das organizacións do sector forestal, mantiveron unha reunión de traballo con María Luisa Piñeiro, directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal.
O obxectivo da xuntanza era abordar varios temas de interese para o sector tales que os prazos de execución dos aproveitamentos madeireiros e as condicións de extracción ou trituración de biomasa forestal residual.
Tamén se intercambiaron pareceres sobre os cambios de uso das terras agrarias e as condicións do mantementos das franxas de protección contra incendios forestais.
Outras das cuestión formuladas foron a necesidade de contar coa consolidación das ordes e decretos que afectan ao sector e os condicionantes dos aproveitamentos de madeira de bidueiro.
A xuntanza transcorreu nun ambiente moi cordial e serviu para formular e tratar de buscar alternativas de solución para algúns dos inconvenientes cos que o sector se atopa no seu día a día na xestión forestal dos montes galegos.

