Renovación da xunta de goberno da AFG
Tras a asemblea ordinaria da Asociación Forestal de Galicia, celebrada na mañá do sábado 26 de abril en Mos (Pontevedra), á tarde celebrouse unha asemblea extraordinaria para a elección dunha nova xunta de goberno da Asociación Forestal de Galicia para un período de catro anos.
Á fronte da xunta continúa como presidente Antonio Rigueiro, que repite no cargo cun equipo integrado por un total de 10 persoas, no que se mantén unha representación equilibrada de propietarios forestais particulares e comunidades de montes veciñais en man común.
Na xunta de goberno da Asociación Forestal continúa parte do equipo do período anterior e renovouse outra parte, na procura de darlle cabida a todas as sensibilidades e intereses. Así, hai presenza de persoas propietarias tanto de montes de piñeiro, como de castiñeiro ou eucalipto, e dáselle entrada a representantes de comunidades de montes veciñais de ámbitos periurbáns, como é o caso da de Saiáns (Vigo) ou a de Castelo (Culleredo).
A nova xunta de goberno, única candidatura presentada á elección, queda conformada do seguinte xeito:
Presidente:
Antonio Rigueiro Rodríguez
Vicepresidente de Relacións Institucionais:
Juan Ramón Gallástegui Otero
Vicepresidenta de Montes Particulares:
María Belén Mantiñán Edreira
Vicepresidente de Montes Veciñais:
José Luis Campos Represas (C.M.V.M.C. de Xinzo-Ponteareas)
Vogais de Montes Particulares:
María Irene Díaz Martínez
Manuel Galdo Dopico (Asociación de Productores de Madeira de Viveiro-PROMAVI)
José Manuel Queijas Pallas
Vogais de Montes Veciñais:
Jesús Ángel Ferreño Naveira (C.M.V.M.C. de Castelo-Culleredo)
Uxío González Pérez (C.M.V.M.C. de San Xurxo de Saiáns-Vigo)
José Manuel Suárez Gamallo (C.M.V.M.C. de Saiar-Caldas de Reis)