Recomendacións sanitarias en caso de incendio forestal
O Ministerio de Sanidade publicou recentemente unha guía con recomendacións sanitarias para actuar en caso de incendios forestais. Nela, de maneira resumida e clara debulla as pautas que deben seguirse no caso de atoparse preto dun incendio forestal.
Entre as múltiples recomendacións, salientamos:
- Manter a calma, evitando situacións de medo e pánico.
- Permanecer en interiores se é seguro e evita abrir ventás ou ventilar directamente con aire exterior. Se é posible, cómpre quedarse nos cuartos mellor protexidos ou máis afastados das fontes de fume e en ambientes máis frescos.
- Reducir as viaxes innecesarias. Se é imprescindible viaxar, usar as luces do vehículo durante o día.
- Usar máscaras tipo FPP2/N95 cando estea indicado. En caso de exposición ao fume, as máscaras cirúrxicas e os panos non son unha protección segura contra as súas partículas.
- Evitar permanecer en zonas ao ar libre ou achegarse á área do incendio.
- Beber abundante auga para manterse hidratado e evitar alcohol e cafeína.
- Prestar especial atención ás necesidades de persoas maiores, nenos, mulleres xestantes e individuos con condicións de saúde crónicas.
- Manterse sempre informado a través de fontes oficiais e seguir as recomendacións das autoridades.
O documento pode lerse completo neste enlace

