Xa dispoñible o boletín nº 4 do proxecto COMPÁS
O proxecto COMPÁS publica o seu cuarto boletín de noticias, no que se recolle un resumo dos traballos feitos nos últimos meses no proxecto.
Nesta nova publicación entre outras recóllese un interesantísimos artigo da profesora da Universidade de Pública de Navarra e coordinadora do proxecto COMPÁS, Rosa María Canals, titulado “Herbívoros y fuego controlado: una alianza necesaria para prevenir grandes incendios forestales“.
Neste artigo, que se pode ler completo neste enlace, a profesora Canals analiza de que maneira a antropización dos montes cambiou o réxime natural de incendios que permitía a rexeneración vexetal, o que unido a novas condicións climáticas e á acumulación de combustible nos montes, provocan que os incendios forestais sexan máis virulentos.
Fala tamén da interconexión que sempre houbo entre os herbívoros e o lume, que teñen formas diferentes de xestionar o combustible, pero cando se combinan entre si permiten manter a custos reducidos, paisaxes abertos e en mosaico, diminuíndo a carga de combustible e mantendo unha alta biodiversidade.
Remata o artigo con esta importante observación: “Allí donde prevalecen los herbívoros, las comunidades vegetales tienden a ser nutritivas y atractivas al animal, buscando ser pastadas para asegurar su regeneración. Allí donde domina el fuego, prosperan especies inflamables, de combustión veloz y regeneración rápida, que favorecen la ocurrencia de nuevos incendios. Sin herbívoros y con un cambio climático en progreso, es fácil adivinar qué tipos de comunidades vegetales van a verse favorecidas en el futuro, comunidades adaptadas al fuego y que dependen de él principalmente para regenerarse.”
Este novo boletín do proxecto COMPÁS informa tamén sobre a participación en la 63ª Reunión Científica de la Sociedad Española de Pastos que tivo lugar en Lugo do 22 ao 26 do pasado mes de setembro e tamén sobre o estudo observacional do gando vacún e equino que se levou a cabo o pasado mes de agosto e que permitirá comprender cómo seleccionan os hábitats para poder facer unha xestión máis sostible.
Pódese acceder ao texto completo deste cuarto boletín neste enlace.
O proxecto COMPÁS está coordinado pola Universidade Pública de Navarra no que participan ademais a Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Estación Experimental do Zaidín de Granada (CSIC), a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Pastores polo Monte Mediterráneo.
COMPÁS conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
![]()

