Publicación dunha nova píldora técnica do proxecto Ash4soil
Nas últimas semanas publicáronse dúas píldoras técnicas sobre o traballo do proxecto Ash4soil no que a AFG participa a través da súa empresa Selga, Compañía Galega de Silvicultores S.L.
A primeira delas é a da empresa de fertilizantes Aresa e a segunda da propia Selga. Nesta última Braulio Molina explica cal é a finalidade da participación neste proxecto, que non é outra que mellorar a fertilización das plantacións forestais e do solo en xeral para aumentar os rendementos, con emendas de misturas de esterco de galiña e cinzas de combustión de biomasa forestal que melloran a estrutura, reducen acidez e aumentan a dispoñibilidade de nutrientes con efectos a longo prazo.
Pódese visualizar o minivideo neste enlace.
Para ver outros publicados dentro do mesmo proxecto pódese acceder á canle de YouTube de Ash4soil aquí.
Ash4Soil é un Grupo Operativo supraautonómico que ten como obxectivo conseguir unha mellora na calidade dos solos ácidos e un incremento na produtividade en plantacións forestais e agrícolas mediante o desenvolvemento e uso dun material emendante-fertilizante denominado Ash4Soil, obtido a partir de residuos de orixe forestal e gandeiro.
O proxecto Ash4Soil está enmarcado no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). A Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación destas axudas. Orzamento total do proxecto: 600 000 €. Subvención total: 575 700,36 €.


