Primeiro número do boletín do proxecto Forest-IN
Acábase de publicar o primeiro número do boletín do proxecto Forest-IN no que se recollen as principais actividades desenvolvidas polo proxecto ata o momento.
O proxecto Forest-IN ten como obxectivo mellorar a formación dos propietarios forestais de pequenas superficies de monte, inda que tamén as dos técnicos e xestores.
FOREST-IN baséase en gran medida na práctica e na transferencia de coñecementos. Dentro do proxecto desenvólvense talleres e visitas técnicas internacionais, titoriais e recursos educativos interactivos para apoiar unha xestión forestal crítica.
O proxecto xa implicou a centos de participantes a través de talleres e visitas técnicas, celebrados na rexión Centro de Portugal, en Galicia e en Provenza (Francia). Nestas rexións, os técnicos e os propietarios forestais visitaron áreas forestais de referencia, compartindo e descubrindo diferentes modelos de xestión, valorización, protección e preservación dos bosques. As realidades forestais destes territorios tamén poden ser moi contrastadas, buscando inculcar nos participantes a necesidade de analizar de maneira crítica o seu propio contexto para ampliar a escala de acción a través de prácticas asociativas, así como a necesidade de protexer os valores que non teñen unha rendibilidade económica inmediata.
O proxecto FOREST-IN ten como obxectivo promover as boas prácticas e a educación forestal mediante a realización de talleres e visitas técnicas internacionais, titoriais e a creación dunha aplicación móbil orientada a axudar no proceso de toma de decisións para a xestión forestal sostible. Todo isto integrado nunha estratexia concertada que involucra á comunidade forestal e ao público en xeral.
FOREST-IN conta co financiamento do Programa Erasmus+, o principal mecanismo financeiro da Comisión Europea en materia de Educación. O coordinador deste proxecto é a Universidade de Aveiro (Portugal), con estes socios: Fundación Cesefor (España), PEFC España, FSC Internacional, Unimadeiras (Portugal), a Asociación Forestal de Galicia (España) e a Asociación Bosque Modelo de la Provenza (Francia).